Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

Rivas Delgado, Antonio - martes, 19 de mayo de 2026
Modificar e mesturar

Modifiquei a estrutura dunha xesta centenaria coa dun piorno groso; o resultado foi un codeso con signos de esgotamento, co tronco practicamente seco. Non se poden mesturar os elementos. Despois pasa o que pasa.
Non podes mesturar ese Tarzán selvático co Jason Bourne urbano, nin o Celta co Deportivo, nin a Pitediña con Entreloríos, aínda que estean a un bico de camiño.
Pingas de Orballo Modificar e mesturar é perigoso. Pode xurdir un Frankenstein, un Hyde, un Darth Vader, un Hannibal Lecter chuchando a esencia de Jodie Foster, un Joker deixando en ridículo a todo un Batman, un Norman Bates, un Terminator que, grazas ó éxito, escapou do papel de antagonista, ou un coronel Kurtz que converteu a loucura en poesía.
Modificar é cambiar o aspecto ou a forma de algo, dalgunha cousa sen alterar a súa natureza nin a súa esencia. Mesturar é xuntar varias cousas distintas formando un todo ou un conxunto desordenado, así como facer que alguén participe en algo que pode traer problemas.
Modifiquei a estrutura dunha camisa de algodón coa dun abrigo de la dos tempos da posguerra e, ó metelos na lavadora, saíume unha chaqueta de pana de cando Xesucristo cargaba coa cruz ó lombo camiño do monte Calvario; ou da crucifixión, que vén sendo o mesmo.
Mesturei noces con cebolas, desexos con nugallas, bichos con persoas, garavanzos con leitugas, toxos con sementes, dentes de allo con peles de cordeiro, e saíu unha potaxe que nin Tarzán sería quen de comer.
Modificar e mesturar é perigoso.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES