26 de novembro
Núñez, Pablo - jueves, 26 de noviembre de 2009
Esta era a data, o anterior goberno de Galicia tíñaa marcada no seu calendario, o 26 de novembro inauguraríase o novo hospital de Lugo.
E que temos? Un Lugo sanitario terceiromundista, camas nos corredores, enfermos e familiares desesperados, un persoal nobre, cualificado e eficiente que xa non pode máis porque non ten medios, urxencias ao límite cada dous días. Esta cidade non se merece isto, merécese o hospital xa, merécese que o seu persoal sanitario conte cos medios adecuados para atenderche nas mellores condicións cando tes o infortunio de caer enfermo.
O desacougo camiña polas rúas lucenses, os veciños rezan para que non lles toque a eles, porque si tócalles xa saben o que lles espera. O castigo. Castígasenos porque aquí non salguen as contas cando hai eleccións. Non me digan que tal artimaña non se merece unha cacerolada como as que propón o señor González Pons tirando a pedra e escondendo a man. Pero cacerolada contra os seus e aquí non escondemos a man, Lugo está a ser castigado onde máis doe, xogando coa saúde das persoas, ninguén se merece algo así, nós tampouco.
E á espera Monforte e Burela, outros dous enfermos con mal diagnóstico que non imos esquecer.

Núñez, Pablo
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora