O ceo retrátase no mar...,
cando o mar está tranquilo!

Quen máis quen menos, todos nacemos,
nos criamos e vivimos rodeados de espellos,
pero o máis límpido, tanto que xa é inimitable,
foi, témolo, naquel neno do presebe de Nazaret.
Falando de imitar: ¡Aos sabios, por suposto, con tal de que non sexan soberbios! (Non facía falta dicilo, pois, se son soberbios, é que non teñen sabedoría, non son sabios).
A vida humana é unha feira, vendemos o que nos sobra
e mercamos o que nos falta,
¡cando temos munises!
Acevedo, o tolleito da pandeireta,
amenizando as feiras da miña bisbarra.
-.-
Comecei este libriño acordándome de meu pai,
humilde, e por tanto, imitable,
que tamén foi o meu "mestre de a ferrado",
so que a min non me cobrou.
Esta débeda téñoa, pero tentei honralo construíndo o meu refuxio
precisamente na pedreira na que el se refuxiaba daquela que o
perseguiron os fachas, durmindo nunha trapeira, rodeado de sapos,
de cobras e de pinchorras, pero peor sería deixarse ver por aqueles
matóns do cuarteliño de San Cibrao.
-.-Gómez Vilabella, Xosé M.