Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Vivir en positivo

Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 14 de mayo de 2026
VIVIR EN POSITIVO
A vida, igual que as moedas, ten dúas caras: unha cara e unha cruz, é decir, un lado positivo e outro negativo.
-Hai días soleados e días nublados.
-Hai éxitos e hai fracasos.
-Hai momentos de saúde e tamén de enfermidade.
-Hai días alegres e tamén os hai tristes.
-Hai días para rir e días para chorar.
-Hai días para dar e tamén días para recibir.
HAI QUE VIVIR O QUE A VIDA DEPARE
-CANDO VAI SOL, hai que agradecer a raiola e aproveitar para facer labores que precisan de bo tempo.
-OS DÍAS NUBLADOS son apropiados para según que labores e tamén se agradecen.
-HAI MOMENTOS DE ÉXITO que toca celebrar para osixenar a alma e dar moitas grazas a Deus compartindo a ledicia cos máis achegados.
-HAI MOMENTOS DE FRACASO que nos fan reflexionar para non cometer o mesmos erros no sucesivo.
-CANDO TEMOS SAÚDE: vento en popa a toda vela.
Non nos mete medo nada.
A saúde é un regalo do ceo que toca agradecer e empregar adecuadamente para enriquecernos a nivel mental e espiritual, sobre todo; sen esquecer a parte material, que tamén a necesitamos.
Non vivimos só de pan; pero o pan de cada día que non nos falte.
-CANDO A ENFERMIDADE APARECE: sempre nos sorprende; pero hai que tratala con moito cariño e coidados esperando a recuperación.
Neste momento da nosa vida, sabemos exactamente quen está o noso carón: que persoas nos queren de verdade e a cantas lles somos indiferentes.
As que están ó pé do canón hai que levalas no corazón e coas restantes ir con precaución.
-HAI DÍAS ALEGRES para celebrar a alegría da vida compartindo a nosa felicidade coas persoas que nos queren.
-OS DÍAS TRISTES teñen o beneficio de facernos reflexionar para saber valorar a alegría de vivir e saber quen está o noso lado.
Os crentes sempre temos a Deus que nos leva na súa MAN; pero como somos criaturas libres, hai veces que facemos mal uso da liberdade e soltámonos; pero El segue aí.
-CANDO NOS TOQUE DAR, fagámolo con xenerosidade porque hai máis riqueza en dar que en recibir.
O que dá é porque ten un gran corazón e algo para dar.
-CANDO NOS TOCA RECIBIR: deixémonos querer e sexamos agradecidos.
A verdade é que necesitamos amar e ser amados.
CÓMPRE VIVIR EN POSITIVO
Vivir en negativo é pernicioso, amárganos a existencia e non amaña nada, é tempo perdido.
As persoas posivas sempre encontran motivos para agradecer e para sentirse ben aínda que leven a cruz como todos.
Da cuz non se salva ninguén.
Forma parte da vida.
Do que se trata é de levala como algo natural que nos axude a medrar como persoas e a santifcarnos.
HAI CRUCES PARA TODOS
-A infancia tamén as ten: o bulling, ós móbiles, as familias desestructuradas, a falta de principios en moitos casos...
-A xuventude quere emanciparse e moi poucos poden facelo cunha economía solvente a unha idade adecuada.
-A idade adulta está queimada pola carestía da vida, os fillos que se lles escapan das mans, a inseguridade a nivel mundial...
-A ancianidade hoxe en día vívese na soidade aínda que moitas veces estea rodeada de persoas.
Estas persoas están máis soas que nunca.
A PESAR DE TODO: TOCA VIVIR EN POSITIVO
Afortunadamente son moitas as criaturas que dispoñen dunha boa base familiar e saben defenderse do bulling, do uso abusivo dos móbiles e gozan duns principios morais e relixiosos que as soteñen de modo saudable, preprarándose para un futuro prometedor e levan unha vida sa e santa.
Tamén existe moita xuventude que medra fortalecida polos bos principios e incluso moita é crente e practicante.
Esto obsérvase na igrexas cando se ve moita xuventude acercarse a comulgar porque se sente unxida polo Espirito Santo.
Hai familias que non perderon o rumbo e saben orientarse, levar a bo término a súa misión familiar e cooperan para que o mundo vaia o mellor posible
E aínda quedan moitas persoas en idade senil que conservan eses valores e saben relacionarse e orientar á xente nova levando a cabo o que todo a vida intentaron:
"UNHA VIDA DIGNA DESDE O PRINCIPIO ATA A SÚA CHEGADA Á META".
Estas persoas son as que fan país.
"FACENDO PAÍS"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES