Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O amor co alento de Xesús, revela, consola e anova

Miguélez, Xosé Antón - domingo, 10 de mayo de 2026
DOMINGO 6º PASCUA (A).- Feit 8,5-8.14-17.- Sal 65(66).- 1Pe 3,15-18.- Xn 14,15-21

+ Predicoulles o Mesías (Feit 8,5)

+ Bendito sexa Deus que non afastou de min o seu amor (Sal 65(66),20)

+ Cristo morreu para vos achegar a Deus ( 1Pe 3, 18)

+ Que me ama, eu amareino e manifestareime a el (Xn 14,21)


O AMOR CO ALENTO DE XESÚS, REVELA, CONSOLA E ANOVA


1. ¡Bendígote Deus sorpresa!
¡Coma lume que arde maino,
o teu amor e promesa
vai aquecendo e curando!

2. Todo o teu é lapa acesa,
de respecto e de coidado,
e un día as súas medras,
maduran mellores azos.

3. Dannos amizade eterna,
reis humildes van logrando:
o don que o amor tempera,
supera o que agardamos.

4. Non así o querer que nega
a cada quen o seu paso,
e con posesión anega,
impoñendo altos e baixos.

5. Nin o querer que se estreita
cando chegan tempos malos,
e sen compaixón despreza,
a quen xulga sen arranxo.

6. O amor que Xesús en tebras
amando foi sementando,
ao xermolar trae presencia
medrada do Alento Santo.

7. Presencia sen estridencias
que acompaña e sanda o pranto,
e cara o ben sempre alenta,
con ánimo sosegado.

8. Presencia que nos esperta
para ver que en Deus estamos,
con visión certa e discreta,
de Xesús resucitado.

9. Bendito amor que liberas,
e nos conduces ao parto
de nacermos, sendo terra,
á comuñón sen ocaso.

10. ¡Grazas Xesús fonte e meta,
e compaña sen cansazo!
Grazas porque te revelas,
amor vivo e acougado.

¡Apertas de domingo!
Miguélez, Xosé Antón
Miguélez, Xosé Antón


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES