Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Super Lence

martes, 24 de noviembre de 2009
Posiblemente o home de negocios (e a muller, que tamén as hai) nace e non se fai. Ou nace e logo medra.

Jesús Lence comezou transportando e vendendo gasolina e gasoil continuando unha liña de negocio xa iniciada por seu pai, entrando logo no mundo do leite case sen querer por mor dunha forte débeda que alguén relacionado con este sector lle deixara colgada.

Lence entrou no sector leiteiro para ser o primeiro e aí están Lácteos Lence, Leite Río, Leima... e o que veña. Que en Outeiro de Rei, na terra pola que a capital lucense se asoma á Terra Chá, tiña Pascual un emporio leiteiro que, sen moitas explicacións -alomenos convincentes- pretendeu pechar e neso está mentras agarda manás económicos que procedan da Xunta, das outras administracións, da venda das instalacións ou calquera outro xeito de abandoar os riscos dun xeito confortable.

Os traballadores de Pascual levan moitos meses -agora mergullados nun Ere temporal- facendo manifestacións, protestas, revindicacións tentando manter os seus postos de traballo sen que a empresa dea solucións xustas ós seus plantexamentos. Por outra parte, da a impresión de que as administracións estean a velas vir agardando que o problema se solucione por si só cando unha cooperativa, empresa ou entidade se quede coas instalacións e poña a funcionar esta planta situada na comarca máis leiteira de Galicia.

E nesto que aparece Lence e deixa caer que non ten ningunha oferta presentada pola planta chairega de Pascual, desmentindo rumores amplamente extendidos polo sector, pero sinalando que se recibe unha proposta viable e rendible para a súa empresa vai estudiala con moito xeito.

Xa que de leite falamos, poñamos que se trata de algo blanco, en botella ou tetrabrick, e que se Lence se mete no tema vaille solucionar un bo problema ós traballadores, a Outeiro de Rei, a todo Galicia e ó sector leiteiro.

Posiblemente Lence se foi facendo así co tempo, pero xa debeu nacer empresario. Nunca a gusto de todos, naturalmente. Pero neste caso, se se mete no tema, vai haber poucas tachas que poñerlle

Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES