Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Acoso

Xiz, Xulio - viernes, 08 de mayo de 2026
Nos oitenta, traballando no concello rodeado de políticos, tocado tanxencialmente pola política, puiden probar o mel de facer un milleiro de actividades culturais e o fel de que a miña familia soportase acoso telefónico que, corenta anos despois, aínda non coñezo na súa totalidade porque quixeron e queren evitarme malos tragos.

Pensamos que calquera tempo pasado foi peor, que a cultura xeral e a democrática nos señorea, pero resulta que nada hai novo baixo o sol, e a tendencia do humano é primitiva e ruda, pretendendo tomar a xustiza pola man, e onde os poderes públicos e o peso da Lei non atopan posible incidencia, sempre hai alguén que coida que sabe o que hai que facer para poñer as cousas no seu sitio.

Parece como se María Reigosa, por ser muller o tivese máis crudo no acoso que recibe; e por ser nai seica é atacada por onde máis doe, pero tamén parece que sabe por onde anda, que o seu non é baixar a cabeza, e diante do acoso acode á Policía Nacional para que investigue e proceda como corresponda.

En medio século de democracia aínda non aprendemos que as pancartas valen menos ca o diálogo; que os anónimos son sinal de covardía; que un político e unha política son eso ata que entran na súa casa; que a familia é sagrada; que se a Lei non atopa razón para intervir, os berros non sirven de nada máis ca para producir afonía política.

Do mesmo xeito que no Congreso dos Deputados se deixaron as pegadas das balas do 23F, no salón de sesións do concello deberian pegarse as moedas que os acosadores tiraron á concelleira Reigosa. As moedas fan menos dano físico, pero a intención é a mesma.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES