Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

Rivas Delgado, Antonio - jueves, 07 de mayo de 2026
O espectáculo de rir e chorar

Establecín o récord mundial de rir e chorar; en intervalos de tan só cinco minutos. Comecei primeiro coas risas durante cinco minutos e, ós dez segundos, xa comezaba coas bágoas. Cinco minutos, dez segundos; cinco minutos, dez segundos. Así levo xa 32 días.
Pingas de Orballo Neses dez segundos teño tempo de botarlle un grolo e, noutros, doulle un bocado ó que me ofreza o público.
Porque teño público, moito público. E segundo vai transcendendo a animalada -o evento, o asunto que estou levando a cabo-, cada vez se suma máis xente. O máis bonito de todo é que rin comigo, rin a gargalladas. Tamén é certo que, nos choros, non chegan a chorar, pero si se lles nota certa tristura. Aínda que hai algúns que, quizais polos nervios ou polo esperpento que están a presenciar, seguen a rir.
Cando xa quedo saciado de comer e beber, aproveito os dez segundos para atender ós medios de comunicación, mesmo ás barrabasadas dalgúns veciños que me animan de todas as maneiras habidas e por haber. Son boa xente. Eu tamén me porto ben con eles. Hai empatía. De cando en vez sóltolles un "vai por vós, veciños" e comezo a rir a cachón. Eles non tardan en seguirme.
32 días non é moco de pavo nin peixe podre. Ó pouco de iniciar o desafío souben de dous ou tres que acometeran tal reto e o deixaran ás poucas horas. O meu vai camiño de ser imbatible, eterno. Porque, por se aínda non o sabedes -e por se aínda non o dixen-, vou seguir con el, a ver se aguanto polo menos 32 días máis.
Cousas de rir e de chorar.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES