Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Darlle a volta

Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 07 de mayo de 2026
O seres humanos temos moitos defectos, un deles é: A QUEIXA.
Estámonos queixando demasiado tempo sen darnos conta de que perdemos o tempo cargando a nosa vida de amarguras.
PASAMOS MEDIA VIDA QUEIXÁNDONOS:
-Que se vai sol e non se pode aguantar con tanta color.
-Que se vai frío e non hai quen o aguante.
-Que se chove e está a terra mollada e non se pode prantar.
-Que se o sistema educativo non funciona.
-Que se a medicina é un desastre.
-Que se o clero católico é moi esixente e non está ó día.
-Que se no goberno hai corrupción.
-Que se a xuventude está toda pervertida.
-Que se os soldo non chega a remates de mes.
-Que se a xustiza é inxusta. Etc, etc.
NON SOMOS PERFECTOS
É ben certo que non somos perfectos por máis que o intentemos.
Pero temos a suficiente capacidade para darlle a volta ás cousas que nos amargan a vida:
-O SOL, O FRÍO E A CHOIVA son todos necesarios para mante-lo equilibrio ecolóxico do sistema.
O sol dános luz, calor e vida. Sen el, a vida non sería posible.
Curte a nosa pel, permite asimilar a vitamina D, é fonte de ingresos para o turismo de verán, quenta o ambiente, seca cando o campo está encharcado...
O frío é o alimento dos pobres porque mata os bichos que aniñan na terra permitindo que o labrego poida prantar alimentos para todos.
É fonte de riqueza para os que viven dos deportes de inverno, para os que venden calefaccións, para os que fabrican prendas de abrigo, para os fabricantes de calzado, para os que extraen o carbón, para os productores de electricidade e para multitude de persoas relacionas co mundo das baixas temperaturas.
Á choiva agradecémolle a hidratación de tódolos seres vivos.
OS SISTEMAS EDUCATIVOS TEÑEN FALLOS; pero cando alumnado e profesorado poñen o empeño necesario saen adiante e grazas a eles favorécese o desenvolvemento científico e cultural da humanidade.
A MEDICINA NON FAI MILAGRES:
Milagres só os fai Deus, pero as mans dos sanitarios son a prolongación das mans de Deus e grazas a elas ímoslle gañando anos a este maravilloso regalo que é a vida.
O CLERO CATÓLICO NIN É ESIXENTE NIN ESTÁ DESFASADO
A súa misión é levar as almas a Deus daquelas persoas que, LIBRE
E VOLUNTARIAMENTE, queren acollerse ó programa de salvación que Deus quere para todos polos que se entregou na cruz.
Para conseguir un plan de vida adecuado, cómpre entrar pola porta que Xesucristo nos ensinou coa súa propia doutrina e vida.
OS GOBERNANTES NON SON TODOS CORRUPTOS
Non son perfectos; pero hainos moi bos que entregan as súas vidas para favorecer a convivencia e o desenvolvemento dos cidadáns.
Temos os que votamos.
Se non nos gustan, nas nosas mans está elixir mellor para outra vez.
En calquera caso a vida de cada un ten que gobernala un mesmo:
non podemos esperar que o goberno nos goberne o que nos corresponde gobernar a nós mesmos.
EXISTE XUVENTUDE MOI SA:
A xuventude nace e críase nas familias.
Afortunadamente hai familias con moi boa saúde moral que saben inculcar valores nos seus vástagos.
Se queremos que mellore, cómpre inculcarlle valores e bos exemplos por parte dos proxenitorese, sobre todo.
Podemos darlle a volta se predicamos co bo exemplo.
OS SOLDOS SON OS QUE SON.
Hai que administralos según as nosa capacidade económica e a nosa categoría profesional.
Hainos mellores e tamén peores; pero, grazas a Deus, por ter un soldo.
Algunhas persoas non o teñen e quixeran telo.
A XUSTIZA É A XUSTIZA.
Inxustos somos nós cando transgredimos a lei.
Grazas á xustiza remédianse moitos males cometidos polas nosas inxustizas.
CÓMPRE AGRADECEMENTO
Porque afortunadamente temos moitos motivos para agradecer se sabemos valorar na súa xusta medida o lado positivo da vida.
"VIVIR EN POSITIVO"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES