Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Real Academia Galega

lunes, 23 de noviembre de 2009
Aínda temos a imaxe da Real Academia Galega como un Senado da Lingua e das Letras deste país cando está evolucionando dun xeito que -se seguimos co simil político- vai ser un Congreso de deputados do idioma con presencia viva na vida de Galicia.

Agora, búscase un presidente xa que o actual -Xosé Ramón Barreiro Fernández- rematará o seu período de oito anos nos próximos meses e trátase de atopar un candidato de consenso que siga a dar vida a unha institución que ten moito peso e debe ter máis aínda na actualidade da cultura e da sociedade do País.

Hai un grupo de académicos moi novos, arredor da cincuentena ou algo máis, que veñen ser mozos desde o punto de vista da relevancia da institución e o valor do historial, da formación, da traxectoria dos seus membros.

Freixanes ou Axeitos, Ferrín ou Manolo Rivas, Darío Xohán Cabana ou Margarita Ledo son exemplos de mocidade estimable que contribúen á renovación dunha institución, en tempos vetusta e na actualidade camiño de ser áxil e fresca como demanda un tempo no que a lingua segue a ser motor e esencia da nosa actualidade.

Agardemos por un presidente ou presidenta da Real Academia, novo ou nova (e esto pouco ten que ver cos anos ) que siga na liña de prestixio da entidade que Barreiro Fernández (e antes, Fernández del Riego) ten acreditado, que faga que a Academia se achegue máis aínda a todos nós e que nos proporcione a sensación de que todos, colectivamente, estamos na Academia. Queremos unha institución viva e forte, e parece que o camiño a seguir está claro. Só falta que elixan o timonel (ou a timonel) que patronee a travesía.

Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES