Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Sanidade pública en Galicia

Rodríguez Patiño, Luis Ángel - martes, 05 de mayo de 2026
A privatización disfrazada de cita.
Recibín unha cita para facer un TAC este mes. No QUIRÓN.
Non no CHUAC. Non no HULA. Non no Álvaro Cunqueiro. No QUIRÓN.

E aquí está a trampa. Chámanlle "axilizar listas de espera". Eu chámoo privatizar pola porta de atrás.

Porque isto é o que pasa:
1. Desmantelan a pública: Non cobren prazas. Non mercan máquinas. Non pagan gardas. O Sergas esmorece.
2. A lista medra: 6 meses para un TAC. 1 ano para o traumatólogo. A xente doe, desespera, ten medo.
3. Aparece o "salvador": Concerto coa privada. Tranquilo, que che mandamos ao QUIRÓN". Gratis para ti. Pero pagado con cartos públicos.
4. O negocio é redondo: Os teus impostos manteñen dous sistemas. O público para que morra amodo. O privado para que engorde coa túa enfermidade.

E eu pregunto:
Se hai cartos para pagarlle o TAC ao QUIRÓN, por qué non hai cartos para un TAC novo no meu hospital?
Se hai radiólogos para o QUIRÓN, por qué non os contratan no Sergas?
Se o QUIRÓN pode facermo en 15 días, por que o meu hospital tarda 6 meses?

A resposta doe: Porque non queren. Porque a pública, cando funciona, non dá beneficios. E a sanidade convertérona nun mercado.

Eu irei ao QUIRÓN. Claro que irei. Porque teño medo. Porque doe. Porque non podo esperar. Pero non lles vou dar as grazas.

Porque cada vez que me derivan á privada, están soterrando un pouco máis a pública.
Porque cada TAC no QUIRÓN é un enfermeiro menos no CHUAC.
Porque o día que o Sergas morra, o QUIRÓN cobrarame o TAC a prezo de ouro. E ese día xa non haberá a onde ir.

A liberdade non é elixir entre o público que non funciona e o privado que pagamos todos.
A liberdade é ter unha pública forte que non precise mandarme ao QUIRÓN.

Irei facer o TAC.
Pero antes, berrar.
Porque calar é consentir que nos rouben a sanidade que pagaron os nosos avós con suor e con impostos.

A sanidade pública non se vende. Deféndese.
E se non a defendemos nós, mañá non haberá quen nos cure.

PD: Ao persoal do QUIRÓN, nada que reprochar. Facedes o voso traballo.
Ao que me manda alí mentres deixa morrer o meu hospital: vós sodes a enfermidade.
Rodríguez Patiño, Luis Ángel
Rodríguez Patiño, Luis Ángel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES