Xesús Camiño, Verdade e Vida
Miguélez, Xosé Antón - domingo, 03 de mayo de 2026
DOMINGO 5º PASCUA (A).- Xn 14,1-17
Non vos agoniedes: crede en Deus e crede en min ( 14,1 )
Eu son o camiño, a verdade e a vida ( 14,6 )
Quen me viu a min viu o Pai (14,9)
Quen cre en min, fará el tamén as obras que eu fago (14,12)
XESÙS CAMIÑO, VERDADE E VIDA
1. Xesùs Camiño
de salvaciòn
co Santo Espìrito
animador.
2. Xesús Verdade
de màis valor:
Deus feito carne
e servidor.
3. Xesús é Vida
de paz e dor,
e aporta limpa
resurrecciòn.
4. Xesùs compreto
verba e acción,
camiño aberto
de sandación.
5. Xesús vieiro
e buscador,
decote atento
ao ben mellor.
6. Xesùs Palabra
da eterna Voz,
chea de graza
precioso don.
7. Xesús compaña
do Deus que é bo,
presencia dada
xa sen solpor.
8. Xesús modelo
de invitación,
a andar sen medo
en conversión.
9. Buscando en todo
a curación,
e aportar folgos
ao irmán menor.
10.Xesús na cruz
con gran paixòn
enche de luz
para o perdón.
11.Xesús gran viño
de invitación,
con sacrificio
á comuñón
12.Xesùs un pan
de fonda unión
que une irmáns
sen exclusións.
13.Xesús un rìo
de bendición
que ofrece o bico
do gran Amor.
14.Xesús Alento
liberador
cura por dentro
e no exterior.
15.Xesús invita
de corazón,
na eucaristía,
e en todos nós.
¡Apertas de domingo!

Miguélez, Xosé Antón
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora