Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Señor, Perdón... polos de omisión, tamén por eses! (7)

Gómez Vilabella, Xosé M. - martes, 05 de mayo de 2026
"Este creyente, malo pero creyente, que cada domingo os acompaña al misterio de la Eucaristía, y que parece llevaros a un remanso de paz, en realidad os está llevando a una guerra, y es bueno que lo sepáis. Los creyentes, con nuestras misas y nuestras mesas, con nuestros ritos y nuestras oraciones, no estamos tratando de salvarnos a nosotros mismos, y mucho menos pretendemos salvar a Dios; luchamos para que la salvación de Dios alcance al hombre, a todo hombre que viene a este mundo, primero al pobre, luego al indiferente; luego, si es todavía posible, también al del escándalo orgulloso". (Jesucristo, Rey del Universo, por Santiago Agrelo Martínez, Arcebispo de Tánxer, en Galicia Digital, do día 26-11-2017).
¡Esta é a loita, si Señor, pois o contrario sería pasarnos ao outro exército, ao de Satán, que por desgracia xa ten demasiados seguidores, pero, Deus mediante, nós, que estamos de parte de Deus, e non do diabro, acabaremos vencendo, que para algo Xesús tivo unha Paixón, voluntariamente aceptada, resucitando ao terceiro día, segundo testemuñan os evanxelistas!
Xa que resucitou por si mesmo, daquela, ¡hoxe, e sempre!, era Deus, Segunda persoa da Santísima Trindade... Pois si, e non só resucitou, senón que subiu ao Ceo en presencia dos seus apóstolos; índose, quedou, tamén se quedou con nós..., ¡na Eucaristía! ¿Que máis probas necesitamos? Falando de probas: Unha proba, a mellor de todas, de que Xesús quere ás mulleres como apóstolos foi que..., ¡que se lles apareceu a elas antes que aos varóns! Digámolo en voz alta, e se é preciso, por escrito, por se o teñen esquecido eses cardeais de Roma!
O caso é que as mulleres, ¡vese nos políticos!, ante o público (e non só ante os esposos) son máis convincentes que os homes; daquela, ¿non será un error evanxélico deixalas en simples diáconos?
Agora que hai mulleres nos exércitos da nosa cultura, na Cultura Superior, na Eclesiástica, na de Cristo Rei, que? Igual chegan a velas no presbiterio os nosos netos..., desde que non queden Curas, desde que o celibato sexa inoperante!
-.-


Señor, Perdón... polos de omisión, tamén por eses! (7) Curación da sogra de Pedro (Mat 8, 14-15; Mc 1, 29-31; Luc 4, 38-39)
"Ó que saíu da sinagoga, entrou en casa de Simón (Pedro). A sogra de Simón tiña unha febre moi alta, e pedíronlle por ela. Achegándose a onde estaba , ordenoulle á febre que a deixase, e deixouna. De seguida ergueuse ela, e púxose a servilos".
¡So, ogra!, que así dicían na miña aldea os maleducados cando querían referirse a unha sogra que lles caese antipática. ¡A miña, de ogro, nada, que era unha santa, e ben que a botei en falta cando..., cando a chamaron de Aló Arriba, do Alto! Que tivese sogra o primeiro dos Papas faime pensar..., pero..., "doutores ten a Igrexa que nolo saberán explicar!".
Acaba de saír desta miña/vosa casa unha santa, ¡Santa María Luísa!, que lle veu traer a comuñón á miña dona, que está de "clausura" por culpa das súas cadeiras, das dúas. (Ela di que Deus lle mandou o purgatorio en vida, e como tamén é unha santa, outra, ata terá razón).
Como é natural, púxenme de xeonllos na presenza do Altísimo, pero en certo modo tamén diante dela, diante da señora Luísa, porque me conmocionou que chegase a ver unha dama trasladando, compartindo, a Eucaristía. ¡Deus a bendiga, Amén! Tiven unha prima, a única curmá que tiven, Mercedes Cora, que representaba ás mil marabillas aqueles papeis das súas once películas, pero esta María, esta Luísa..., que só lle falta levar sotana en vez de faldra? ¡Deus a bendiga, Amén!
Na prehistoria: Irán aló tres cuartos de século. A igrexa distaba da miña casa natal cousa dunha legua. A nosa veciña, Josefa de Brais, non querendo morrer sen outra visita de Xesús Sacramentado pediume que lle fose polo Cura... O seu marido tiña besta, e nós non, pero, tendo un neno na veciñanza...! Co medo de que fose morrer no ínterim, dinlles ás miñas zocas un bo aceleramento, pero..., ¡outro pero!, o señor Cura aínda non tomara o seu chocolate, así que me desesperei esperando na súa cociña. Por fin arrancamos, pero en silencio porque me recomendou que, polo camiño, non lle contestase a ninguén..., ¡xa que levabamos o Santísimo! Outra legua..., pero desta vez tocando a campaíña cando pasabamos por diante de alguén, ou dalgunha casa. O Señor tamén estivo calado, permitíndolle á veciña que tivese a paciencia de non despegar para o infinito ata que El chegase. Aquí e agora, que aínda non se fora a señora Luísa cando se me veu esta lembranza: ¡Deus, como cambian os tempos; os tempos, non, nosoutros mesmos, que somos distintos a cada minuto que pasa; o único que permanece nun Presente Eterno é o Único, que por algo e para algo é o Único Deus verdadeiro!
-.-

Volvamos cos apóstolos, coa evocación dos seus Feitos, deixando a Paulo en Roma: "... que botou dous anos enteiros nunha casa alugada, onde recibía a tódolos que o viñan visitar predicando o reino de Deus e ensinando o que se refire ó Señor Xesús Cristo, con audacia e sen impedimento algún". ¿Con audacia, eh? ¡Pois así é como temos que predicar os cristiáns, á imitación dos nosos mártires, con audacia!
Carlos Osoro, arcebispo de Madrid, referíndose á viaxe do Papa a Kenia, Uganda e República Centroafricana: "¡Qué propuesta más audaz la que nos hace el Papa con este viaje! Los cristianos tenemos que hacer una movilización general y proponer la fe con entusiasmo, con hechos y con palabras. Nos está pidiendo, a quienes formamos parte de la Iglesia, que dediquemos nuestras energías a proponer el mensaje del Evangelio, haciéndolo creíble con obras a todos los hombres. Hablar de Dios no es imponer obligaciones a las personas; es compartir una alegría que nos desafía a actuar con la misma bondad con la que actuó Jesús. No se conforma con que denunciemos las situaciones con más y más declaraciones, el Papa busca cambiar las cosas. Esto es lo que nos dice en La alegría del Evangelio cuando pide que la economía esté al servicio de las personas y no al revés, que no convirtamos la sociedad en una dictadura de la economía que al final no tiene rostro ni fin. La persona en el centro de todo, donde la puso Dios mismo cuando nos creó. A todas las personas hay que hacerles llegar la noticia que nos dio Jesús: que el amor es algo concreto. Los cristianos hemos conocido que el amor tiene rostro, es Jesucristo, no es una idea. Y ese Amor que nos ha sido dado como el regalo más grande debe entrar en otros rostros. Porque se ama a las personas. Un mensaje que enciende corazones apagados, da sentido a la vida y nos hace a los hombres más humanos".
-.-

Audacia e..., sorrisos!
Nós, a xeración da guerra, criados na guerra, pois guerra tamén é / foi a retagarda, non soubemos rir, non vimos sorrisos, non aprendemos a vivir con felicidade; ¡estamos xustificados, en certo modo, pero, os que viñeron despois?
Ao presente, con este progreso do XXI, falando a distancia e todo iso, lamentablemente segue a melancolía; ou é que se me figura, consecuencia da miña miopía? Só vexo sorrisos nas tendas, e para iso dúralles un instante, o intre que dedican a contar os meus cartos!
¿Que se pode facer para remediar esta situación? A miña dona, que é moi observadora, ¡é mestra pero ten vocación de periodista!, opina que lle temos medo ao Xuízo, que as vemos vir de lonxe. ¡Vaia, ho, e nin con esas tratamos de lavar o expediente!
Meditando un pouco en todo isto, fáiseme que os cristiáns temos dous grandes motivos para sorrir: A ledicia que debe quedarnos daquela auga bautismal que nos lavou tan a fondo que incluso nos purificou a alma, anticipándonos, de paso, o título de cristiáns; e logo que esa mesma impronta, esa titulación, ao facernos apóstolos de Cristo, debe animarnos, ten que animarnos, a ensinar sorrindo, afablemente, para que os catecúmenos se convenzan de que estamos en posesión da verdade, que lles ensinamos verdades absolutas, e por tanto, felices e incontrovertibles!
A quen temos que pedir que nos axude a poñer cara de felicidade é á Virxe das Dores, pois ninguén coma ela nos pode comunicar a esperanza de que, detrás das dores, coas dores, é como mellor se gaña o Ceo; que despois da Cruz, redimidos polo seu propio Fillo, nós tamén subiremos; ¡mellor dito, subirannos, invitados pola Sagrada Familia!
A pouco que meditemos farásenos obvio que poñer cara de tristeza é unha mala presentación no noso papel evanxélico. ¿Como van a animarse os infieis, os incrédulos, se nos vén desanimados a nosoutros, aos supostos crentes?
Daquela é certo que temos medo, precisamente por crentes, precisamente por saber que teremos, que nos espera, un xuízo persoal? Pois, tranquilos, que nese xuízo os acusadores seremos nós, nós mesmos, ninguén Señor, Perdón... polos de omisión, tamén por eses! (7) máis, pero se levamos borrada a cartilla dos feitos impuros..., laureada ao canto! ¡Que Xuíz máis benévolo é Deus, que non hai outro que lle permita ao reo salvarse dos seus delitos simplemente co propósito, co firme propósito, iso si, de confesarse, de cumprir a penitencia; ¡poñendo o máximo interese en evita-las omisións, por suposto, decatándonos de que iso tamén son tentacións, tentacións consentidas!
Unha advertencia: o sorriso, para ser eficaz, ten que ser sincero, cristiá; nunca de tendeiro! Ante esa tentación mercantilista lembremos que Xesús, na súa vida publica, só castigou, ¡a lategazos!, aos tendeiros do templo: "-¿Non está escrito que a miña casa será a casa de oración para tódolos pobos? Pois vós convertéstela en cova de bandidos..." (Marc. 11, 15-18; Mt. 21, 12-17; Luc.19, 45-48; Xn. 2, 13-22)

-.-
Gómez Vilabella, Xosé M.
Gómez Vilabella, Xosé M.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES