Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Señor, Perdón... polos de omisión, tamén por eses! (5)

Gómez Vilabella, Xosé M. - jueves, 30 de abril de 2026
A exemplaridade apostólica

Señor, Perdón... polos de omisión, tamén por eses! (5) Xa que somos apóstolos, sucesores dos Apóstolos, continuadores da súa obra, e todo iso por mandato divino, sería bo que fixésemos un curso de cristiandade, imitando, aprendendo deles; non si?
"Recibiréde-la forza do Espírito Santo, que virá sobre vós, e seréde-las miñas testemuñas en Xerusalén, en toda a Xudea e Samaría, e ata os confíns da terra".
Ah; pero nós non tivemos Pentecostes! E logo, o Bautismo non foi unha admisión no cristianismo; e despois diso a Confirmación, que? ¡Estamos admitidos na herdanza; daquela somos administradores dela!
-.-
¡A iso imos, ata onde sexamos capaces!

Non temos que inventar nada, como fixeron os falsos profetas desas pseudo relixións que por aí andan esparramadas, cheas de absurdos e de contradicións, e non obstante, cridas e cumpridas por moita xente. A doutrina cristiá é perfecta, perfectamente demostrada, co cuño irrebatible da resurrección de Cristo, e todo iso testemuñado polos Apóstolos de mil maneiras, incluso co sacrificio das propias vidas na defensa da verdade absoluta. Daquela, ¿por que non avanzamos máis á présa? Pois..., pola miña culpa, e comigo, a desta caterva de pasotas, tan dados que somos á comodidade, ao esquecemento, e ao desagradecemento.
¿Cabe mellor regalo có de bautizarnos? Nese caso, ¡sexamos agradecidos, compartámolo; sexamos testemuñas, catequicemos!
"Ti, Señor, que coñeces os corazóns de todos, amosa cal destes dous escolliches para ocupar neste servizo do apostolado o lugar que Xudas deixou para ir ó sitio que lle correspondía". Feitos 1, 26. Eu, servidor, non me chamo Matías, pero si Xosé María, así que..., se non hai outros mellores, preséntome voluntario, para predicar..., se non é cos feitos, de pobres que son, a ver se de palabra, en galego, que igual soa como Galilea! Para comezar, invocarei ao profeta Xoel, aquel que dixo: "... todo o que invoque o nome do Señor será salvo". ¡Ai o tedes: Eu tamén quero salvarme, e para iso, no que de min dependa, ensinareilles o Camiño aos meus lectores, se é que algún teño, ou me queda!
Non teño afillados, que ninguén se fiou do meu bautizo, pero aínda estou a tempo; podo comezar acordándome de Pedro, que dixo: "Arrepentídevos e cambiade, que cada un de vós se faga bautizar no nome de Xesús para o perdón dos seus pecados, e recibiréde-lo don do Espírito Santo. Porque a promesa é para vós e mais para os vosos fillos e tamén para tódolos que están lonxe, tantos como queira chamar o Señor noso Deus".
Tódolos crentes vivían unidos, e tiñan todo en común. ¡Daquela volvamos ás andadas, pidamos os votos para Xesús de Nazaret, pois ese Salvador é o único que non falla: é católico, é universal! E se nos ameazan os inimigos, chamemos tamén a Pedro para que nos defenda, que lles dirá aos tales, como fixo aquel día en Xerusalén: "Xulgade por vós mesmos se está ben diante de Deus obedecervos a vós antes cá a El, porque non podemos deixar de falar do que temos visto e sentido".
¡Que sublimes as vivencias daqueles crentes iniciais; non poderíamos imitalos, nós; sequera imitalos? "A comunidade dos crentes tiña un só corazón e unha soa alma, e ninguén consideraba como seu o que posuía, senón que tódalas cousas eran comúns". Feitos 4, 32. Hai, e houbo, adoradores de ídolos que tamén predicaron a fraternidade, pero a cristiá vennos do Mestre, do propio Fillo de Deus, o único que foi capaz de multiplica-lo pan, o único que se quedou con nós, baixo a forma do pan eucarístico. Con estas verdades, sabidas e demostradas, ¿como somos tan egoístas con este pan? ¿E se Deus, de castigo polo noso egoísmo, nos nega a entrada no banquete celestial? ¡Non quero nin pensalo! Certo é que nos redimiu, pero algo de egoísmo quedounos... ¡Claro; deixóunolo para que fagamos méritos, para que participemos na loita, para que poñamos algo da nosa parte, para que lle demostremos que estamos dispostos á penitencia; xa nolo dixo no Noso Pai, invitándonos á humildade: ... perdoa as nosas ofensas, como tamén nosoutros..., etc.!
-.-

"Entón Ananías, poñéndose en camiño, entrou na casa, e impoñéndolle as mans, díxolle: -Irmán Saulo, quen me manda é o Señor Xesús, que se che apareceu cando viñas polo camiño, para que recóbre-la vista e te enchas do Espírito Santo".
¡Señor, Señor, cantos Ananías, cantos cregos puxeches no meu camiño para que me predicasen, para que me abrisen os ollos, pero a min..., un cegarato impenitente, custoume ve-la luz evanxélica! Agora que vou vello, déixame acelerar, sequera sexa para recuperar algo do tempo perdido, que vexan en min, polo menos, un pecador arrepentido! Modestia á parte, algo xa fixen, que lle puxen ao meu fillo, Pedro Paulo..., séxase, acollino á súa protección ¿Foi un sopro de Deus? ¡Coido que si!
"Daquela, a igrexa tiña paz en toda a Xudea, Galilea e mais Samaria. Crecía coma un edificio, progresaba na fidelidade ó Señor, e coa asistencia do Espírito Santo ía aumentando en número". ¿Entón, por que houbo eclipses, freadas posteriores? ¡Xa o veño dicindo: Porque o diabro non se durmiu, e os cristiáns, si! Agora que está de moda acelerar, aceleremos, tamén, na comunicación doutrinal!
"Bernabé foi a Tarso en busca de Saulo e, cando o atopou, levouno para Antioquía. Durante un ano enteiro estiveron xuntos naquela Igrexa, adoutrinando a moita xente. Foi en Antioquía onde por primeira vez aos discípulos lles chamaron "cristiáns". ¡Vaia, ho: para ter froito, para recoller, hai que sementar! ¿Tomamos nota?
"Por aquel tempo o rei Herodes botou man dalgúns membros da Igrexa para os maltratar. Mandou matar con espada a Santiago, irmán de Xoán, e, vendo que iso lles agradaba ós xudeus, mandou prender tamén a Pedro, Señor, Perdón... polos de omisión, tamén por eses! (5) etc." Hoxe en día sentímonos heroes se nos prenden por calquera burrada política, pero, ¿por defende-la fe cristiá, por defende-las verdades da nosa Salvación? ¡Hai que meditar nisto, analizar esta covardía, tanto que ten de acomodaticia, séxase...., pasotismo!
Os maquiavelos dos partidos políticos captan, e pagan, manipuladores do pensamento, para que lles fagan guións pedagóxicos cos que catequizar aos votantes... ¡Arre, demo, que cousa; e nós, os cristiáns, que temos a verdade absoluta nos Evanxeos, predicada de balde nas igrexas, domingo a domingo, perdemos o tempo ollando para as mozas..."que van guapas e frescas..."! (Romance de Riello: Pa misa diba un galán - caminito de la iglesia; / no diba por ir a misa - ni pa estar atento a ella, / que diba por ver las damas - las que van guapas y frescas!".

-.-
Gómez Vilabella, Xosé M.
Gómez Vilabella, Xosé M.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES