Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A Torre do Castelo de Vilalba (7)

Pombo Mosquera, Xosé Antonio - martes, 12 de mayo de 2026
Chegan os Castro de Lemos

Fernando de Andrade, II conde de Vilalba e I conde de Andrade, morreu en 1540 ou 1542. Do seu matrimonio con Francisca de Zúñiga, condesa de Monterrei, tivo dúas fillas, Teresa, a maior, e Catalina.
A Torre do Castelo de Vilalba (7) Buscando alianzas, Teresa de Andrade e Zúñiga casou con Fernando Ruíz de Castro, IV conde de Lemos e I marqués de Sarria. Pero Teresa morreu con só 23 anos, en 1523, polo que os seus dereitos pasaron ao fillo, Pedro Fernández de Castro e Andrade, que recibiu o condado de Vilalba, título do que non fixo aprecio e o de Andrade, título que sempre ostentou.

Entre os séculos XVI - XVIII o castelo de Vilalba estivo en mans de alcaides, mordomos e administradores que se ocupaban, con negocio de intermediario, en reparar das propiedades e rendas que xa eran dos Lemos. Foi esta unha familia con grandes responsabilidades no goberno das Españas durante os Austrias. Recordamos a Pedro Fernández de Castro y Zúñiga (1575-1637), VII conde de Lemos, V conde de Vilalba, magnífico estadista e diplomático e tamén mecenas de escritores como Lope de Vega, Góngora ou Cervantes de quen recibiu a dedicatoria da segunda parte do Quixote.
Pombo Mosquera, Xosé Antonio
Pombo Mosquera, Xosé Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES