A segunda ruína da obra "Ruinas" de Rosalía de Castro é un comerciante que soña con desbaldir grandes tesouros cando os demais pensarían en aforrar, ti, don Braulio, botas man do que tes e repartes o "pingue graso" para remediar os males dos semellantes; si, don Braulio, repartidor máximo, que segues as regras da ruína, gastador da túa boa fortuna nas xentes avaras e cobizosas dese pobo miserábel que agora, cando xa tes todo dispendiado, rise da túa miseria porque o home é o ser máis ingrato de todos os seres da creación, se é que a houbo?, e agora arruinado e degradado envólveste nese levitón cuns petos nos que cabe a vida dun pobre coma ti, mais tamén che serve de manta, se se dá o caso, e como é tan largo,

aforras uns pantalóns, aínda que por debaixo asoman uns calzons largos de flanela, levas medias de la moura, gorro de durmir e babuchas.
A túa xenerosidade, a túa caridade para cos demais é xa unha enfermidade, pois se a xente che pedía festa, primeiro dábaslles un banquete e despois de ben comidos e bebidos viña o baile, soamente querías que che fixesen a roda e que che cantasen, tamén chamabas aos gaiteiros e tamborís, poñías uns bos pipos de viño, unhas racións de carne e fogazas de bo pan do país e os comensais gritaban "Vida don Braulio", e don Braulio saía ao corredor e arreboláballes diñeiro mesturado con doces dicíndolles que se alegrasen e se emborrachasen, pero despois, cando estabas xa na indixencia e vías portarse aos que foran teus convidados, sen o menor escrúpulo de conciencia, botábaslles un sermón sobre a mezquindade, aínda que despois che negasen a entrada á súa casa porque a maioría eran uns ingratos e egoístas non merecentes de ningún ben, mais ti, don Braulio, es bondadoso e boa persoa, por iso non queres que se rían do fidalgo Montenegro e artellas un plan xunto con dona Isabel para que este pobre desgraciado sexa rico, e, ti, entrégaslle a túa riqueza dun millón e medio de reais que che acaba de deixar un parente, sobriño teu, usureiro nas Américas, e aínda queres ver ben vestido a Montenegro, como lle corresponde á súa clase fidalga e tamén fas o que non ten amaño para facer calar a aquela dama que se ría das botas rotas de Montenegro, mais cando este, froito da herdanza de don Braulio está xa ben vestido e perfumado, di non coñecer a dona Isabel e a ti mesmo porque se puxo tolo.
Aínda así es un supervivente das demais ruínas e agora xa non deches máis convites desde que che morreron os amigos, pero fixeches felices a moitos desgraciados e tamén á mai de Montenegro, o fidalgo, á que non lle faltou de nada para o resto da súa vida.