¡Oh! Dona Isabel Salgado y Peñaranda, es a primeira ruína das tres que tan ben describe a escritora, Rosalía de Castro; es anciá, solteirona, nobre dama de corenta e un reais ao mes e como todos os solteiros e solteiras avivan a súa existencia cun gato, chamado Florindo, co que convives. Estás sempre chea de maxestade e altiveza, es alta e ben formada señora que xamais quixeches abandonar a moda da túa xuventude, por iso levas un alto topete, os panos da cabeza amidonados e brancos, os zapatos bordados de adobíos, de alto e vermello tacón que tantos e tantos corazóns viron como roubaba a ben feita e distinguida dama, mais agora, xa aos setenta cun traxe tan gastadiño pola pobreza, mais tamén tan limpiño, que dá xenio vercho.

Sempre estiveches tan unida a ese teu grande e vermello paraugas que incluso o abrías xa pola noitiña para taparte do "ralente" da anoitecida.
Señora patricia, pero co ventre afrouxado pola falta de vianda e doutros alimentos, de quen se rían as xentes, pero ti tamén te rías dos plebeos empregando a túa poesía tan acaída para o momento propicio, con aquela mirada dos teus ollos azuis, tan bonitos, que na túa xuventude levantaban sentimentos amorosos aos atormentados corazóns que ousaban tentarche a ollada, mais ti non quixeches mesturar o teu sangue azul co sangue vermello dos plebeos, por iso estás solteira, pero es independente, con moitas privacións, iso si, mais quédache o gato Florindo para facerche compañía e tamén o violín para sacarlle notas harmoniosas, aínda que, se cadra, es bastante máis recoñecida pola túa fluída e amena conversa e polo teu saber estar ao lado dunha boa taza de chocolate polo que devecías cando cho ofrecían e chegabas a tomar, incluso sete.
Es amiga dos teus amigos, que son dous, as outras dúas ruínas. Es capaz de improvisar e axudar no que ti poidas ao fidalgo Montenegro e á súa mai, dona María. Aristócrata, dona Isabel, es a raíña dos salóns cando compós seguidillas acompañadas do violín que tocas con mestría e por iso éncheste de aplausos polo teu bo saber, mais a multitude comprende que es unha muller de outrora, pero cunha sabedoría e un comportamento na túa fala e no teu saber da conversa, que tan só as xentes da aristocracia sabedes ter, froito dunha educación superior e tamén de vivir para o efecto. Debido á túa molleira virás a perder os dous amigos que che quedan porque o condenicaro paraugas puxo puño e gabardina lonxe de ti e arrincou beber máis auga aínda da que caía do ceo cara ao río mentres, dona Isabel, te enchoupabas ata os ósos, esta imprudencia causarache a morte e o teu gato Florindo non poderá seguir vivindo sen ti poñéndose ao teu lado de corpo presente e virá morrer e non resucitar ao terceiro día enriba dun pano amidonado da defunta e extravagante figura de dona Isabel Salgado y Peñaranda.