Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Hai que ter unha cara como un zapato vello

martes, 25 de noviembre de 2003
Coido que case todos lembramos o fallo da Sección Segunda da Audiencia de Barcelona, do caso de Enrique Pociño albanel que quedou tetrapléxico nun accidente de traballo, que non só a sentencia lle negou o "pan e a sal" senón que o responsabilizou da súa traxedia. Cando lin a nova quedei abraiado, e voltei a léela por si me trabucara, pero era tan certo que pensei atoparme naqueles países de África polos que pasei polo miña actividade de mariño, pero volvín á realidade e comprendín que estaba en España. A indignación foi tal, que coa rabexa esnaquicei o xornal.
Agora volvo a ler outra nova que garda relación con este caso, que xa é o "colmo dos colmos", trátase simplemente de que, un grupo de avogados organizan unha homenaxe aos xuíces que denegaron a indemnización a Enrique Pociño, considerando que os membros do tribunal foron víctimas dun "linchamento" social e mediático. Do que non falan estes avogados é si o considerando do linchamento foi con nocturnidade ou elevosía.
Se a primeira nova xa causa indignación, a segunda xa lle queda a un a cara de paspán e pasa por un estado ciclotímico en un tempo relativamente curto, indignación, paspán, rabexa, patamela e acougo.
Cando chegas ao estado de acougo, analizas a nova e faste a pregunta ¿Cantos destes "letrados" están na nómina dalgunha entidade bancaria ou aseguradora?. Coido que esa é a pregunta do millón. Estes Srs. faltos de conciencia e dignidade, teñen a ousadía de provocar celebrando esta homenaxe dunha pequeniña e miserable victoria dos grandes e poderosos sobre un albanel que xamais volverá a exercer a súa profesión, todo isto gracias a un empresario que, considerando con nocturnidade e elevosía foi un criminal-neglixente, e o mesmo tempo evitaron ás aseguradoras facer un desembolso.
A estes "letrados" que aplauden esta decisión tan provocadora, lles digo, que teñen máis cara que un zapato vello.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES