Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Escándalo

Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán) - jueves, 14 de mayo de 2026
E cando digo escándalo non me refiro á canción de Raphael, refírome a Foz, aínda que en vez de escándalo debería titulalo BOCHORNOSO, si, queda moito mellor.

Resulta que agora que me deron tres hictus e teño dificultades para andar, ao vivir nun edificio sen ascensor, meus sobriños intentaron buscarme piso nun edificio con ascensor, pero o panorama co que se encontraron, é de escándalo e bochornoso, o Escándalo máis barato 500 euros, pero coma todos coa mesma condición, que hai que deixalo libre nos meses de verán para meterlle o cravo aos turistas.

Fixemos de Foz un pobo turístico e buscamos para nós e os nosos fillos as espiñas para os nosos ollos e un Calvario sen esperanzas de resurrección.

Pero isto non é todo, vexamos. Unha parella busca piso en Foz, el ten nómina de 1.200 euros e ela igual, suman 2.400 euros, pero pídenlles polo aluguer 1.500 euros, pero o dono do piso dilles que ten que ser unha soa nómina e que suba dos 1.500 euros ao mes, isto é legal?, o de esixir nómina?.

Outro asunto é o de ter que deixalo libre nos meses de verán. Todo isto é a forma de fomentar a okupación. Entras nel e faste okupa e que te boten despois. Claro está, que hai outro detalle, que tamén che preguntan se tes menores contigo, porque ao ter menores, aínda que non pagues, haber quen te bota do piso?.

O verán pasado uns parentes meus alugaron un piso en Foz na semana das festas do Carme, prezo da semana 2.000 euros, sen recibo nin factura nin nada que demostre que pagaches e poder desgravar á Facenda.

En que empresa tes que traballar para poder vivir en Foz?. Certo é que unha amiga miña alugou Escándalo un piso en Foz fai escasos meses, 350 euros ao mes. Un cuarto sen ascensor, as paredes mouras coa humidade, frío e sen calefacción e un cuarto de baño da época dos Templarios, século XII.

No asunto de prezos para aluguer estaba moito mellor Burela, pero ao parecer, os bureleses, observan, que a xente de Foz busca piso en Burela e tamén o turista busca alí piso, porque tan só son trece quilómetros a Foz e nesa localidade polo visto tamén se están disparando os prezos dos alugueres.

A este paso, haberá que ir vivir á Cova do Mastre ou como a esmoleira, que ía durmir en Fazouro na Furada do Can na praia da Pampillosa.

E a isto tamén podemos incluír a subida dos prezos en hostalería, que grazas ao turismo xa temos prezos como os das cafeterías como na Gran Vía de Madrid, aínda que aquí sen camareiros profesionais e cobrando unha miseria.

Por esa regla de tres é mellor con esa renda meterse a unha hipoteca e así ao final terás piso propio, pois en aluguer quedaraste sen cartos e sen vivenda.
Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán)
Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán)


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES