Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Armas moi poderosas

Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 30 de abril de 2026
¿Quen non ten dificultades nesta vida e neste mundo que nos toca vivir?
Estou convencida de que é vostede unha persoa feliz, segura de sí mesma, formada, formal e moi loitadora; pero...
Máis dun problemiña, seguro que terá.
Non coñezo a ninguén que non teña problemas.
Os problemas son as probas que nos pon a vida para que os enfrontemos con valentía e nos realicemos como persoas.
Os problemas forman parte da vida.
Unha vida sen problemas non tería mérito.
Cómpre ve-los problema de cada día como oportunidades para medar como persoas.
PROBLEMAS COTIÁNS
-UN BEBÉ TEN PROBLEMAS PARA ANDAR
Cae, volve a caer, inténtao unha vez e outra...
Ata que un bo día sóltase e bota a andar e a familia celébrao con moito entusiasmo.
¿Que precisou?
Dúas armas moi poderosas: CONSTANCIA E PACIENCIA.
-UN ESTUDIANTE TEN DIFICULTADES:
Quere; pero non pode...
Non comprende ben as explicacións.
Cóstalle reter conceptos, na casa non lle poden axudadar e unhas clases particulares non llas poden pagar.
Pero quere chegar a ter unha boa formación acadámca ó prezo que sexa.
Ármase de: TESÓN, VALOR, CONSTANCIA E PACIENCIA e consigue o que quería; ter unha boa formación académica que lle permitirá defenderse moi ben na vida.
TESÓN, VALOR, CONSTANCIA e PACIENCIA: armas poderosas.
-UNHA FAMILIA VESE EN APUROS
Apuros de diferente índole: convivencia, economía, saúde...
-AS CONVIVENCIAS son difíciles porque todos temos unha visión diferente da vida.
Claro que hai unha normas que, en teoría nos uniforman, pero na realidade cadaquén asimílaas á súa maneira.
Entonces: vemos os fallos no outro e pensamos que estamos en posesión da razón.
A arma máis poderosa nesta ocasiós é o PERDÓN.
Perdoar setenta veces sete, di a Sagrada Escritura
-A ESCONOMÍA moitas veces vai escasa; pero di o refrán que "NON HAI MOITO QUE NON SE GASTE NIN POUCO QUE NON BASTE".
¿Cantas veces nos temos visto con problemas de estreitura económica?
Eu, moitas; pero PACIENCIA e ESPERANZA.
-No tocante á SAÚDE:
Aparecen enfermidades que teñen cura: esas non son problema.
Pero tamén hai ENFERMIDADES REBELDES que nos fan sufrir moito.
Un bo remedio. MEDICINAS e PACIENCIA e outro aínda mellor é a ORACIÓN CONFIADA NA PROVIDENCIA para as persoas crentes que sabemos que estamos nas mans de Deus e, aínda sufrindo, queremos que se cumpra a súa vontade.
A FE É UNHA ARMA PODEROSÍSIMA, por algo se di que pode "mover montañas".
-PROBBLEMAS A NIVEL NACIONAL E MUNDIAL.
-A NIVEL NACIONAL os países democráticos temos unha ferramenta chamada eleccóns; pero como todos opinamos diferente, non nos poñemos de acordo e os gobernos de turno téñeno difícil.
A nós só nos queda conserva-la ESPERANZA de que algún día propoñan solucións acertadas para que poidamos vivir con dignidade e paz.
A ESPERANZA É UNHA ARMA PODEROSA porque non defrauda.
-A NIVEL INTERNACIONAL aínda o temos máis difícil.
Teremos que aumenta-las doses de: PACIENCIA, ESPERANZA e FE nun futuro prometedor.
Porque ó remate todo acabará ben.
Así está no programa que diseñou o Creador do Universo.
Aínda que a veces parece que estamos construindo un mundo do revés; pero lentamente iremos correxindo erros.
Haberá que darlle a volta a certos desvíos.
"DARLLE A VOLTA"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES