Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Xesús Pastor e Guía, eu te bendigo

Miguélez, Xosé Antón - domingo, 26 de abril de 2026
DOMINGO 4º DE PASCUA A. DOMINGO DO BO PASTOR.- Feit 2,14.36-42.- Sal 22(23).- 1Pe 2,20-25.-.Xn 10,1-10

+Deus fixo Señor e Mesías a este Xesús a quen vós crucificastes (Fei 2, 36)

+O Señor é o meu pastor nada me falta (Sal 22(23),1)

+Cando o aldraxaban non devolvía aldraxes (1Pe 2,23)

+ Se alguén entra por min salvarase: entrará e sairá e atopará pasto ( Xn 10,9)


XESÚS PASTOR E GUÍA EU TE BENDIGO


1.¡Que alegría saberme coñecido
completamente e sen escuras sombras,
e atoparme inda así tan ben querido,
tan valorado nas máis pobres horas!


2.¡Que grandeza poder, sen desafíos,
ollar adiante desde a paz máis fonda,
serenamente, con sentir tranquilo,
agardando segura nova aurora!


3.Ese amencer que fai presente Cristo
e que na fe, xa agora nos arrola,
xa nos ofrece o manso dinamismo,
que o ben respectuoso en si agocha.


4.Un ben máis forte para os pequeniños,
que ningún mal que hoxe lles vaia en contra,
o Bo Pastor ofrece gratuíto,
co pasto seu, a súa mesma honra.









5. O pasto de Xesús non é capricho,
non é un alimento desde fóra,
é máis ben mudar tratos de egoísmos
coas cousas todas e coas mais persoas.


6.Deixando que El nos cure do espellismo
de coidarmos que é rico o que amontoa,
cando é pobre a anda por mal camiño,
quen só pensando nel, fai e degora.


7.Xesús, Pastor e Guía eu te bendigo,
ti non reclúes en redes de normas,
libres nos fas co amor do teu Espírito,
para encontrarte en toda obra boa.


8.Para atopar o noso ser contigo,
a nosa dita e a nosa coroa,
a nosa fonte e lar definitivo,
a nosa paz e a nosa mansa forza.

¡Apertas de domingo!
Miguélez, Xosé Antón
Miguélez, Xosé Antón


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES