Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Impunidade bancaria

jueves, 19 de noviembre de 2009
Nunca como agora se notou o absoluto desnivel entre dúas partes que deberan ser iguais: as entidades bancarias e de aforro e os seus clientes. Nunca como agora se impuñeron as condicións leoninas para empresas e particulares.

A Asociación Galega de Corredores e Corredurías de Seguros ven de presentar unha denuncia diante da Comisión Nacional da Competencia, contra un total de trinta e dous bancos e caixas de aforro de España por vincular a concesión dunha hipoteca á suscrición dun ou máis seguros que a entidade financiera lle ofrece directamente ou a través dunha empresa do seu grupo. Ou penalizan estas hipotecas no caso de non suscribir algún destes seguros.

Entende a Asociación que se trata dunha práctica coactiva porque o solicitante dun creto, necesitado desa financiación, non ten mecanismos para negarse a esta práctica e, polo tanto, minora a lista de clientes que en liberdade acoden directamente a unha Compañía de seguros ou a un intermediario profesional.

A denuncia, que tamén foi presentada na Dirección Xeral de Seguros, foi admitida a trámite e orixinará unha investigación por se este tipo de acción vulnera a legalidade vixente.

O mercado bancario funciona con certa impunidade en todos estes temas, e non só no que se refire ás hipotecas, senón ós seguros de vida que as entidades obrigan a suscribir ós titulares de préstamos ó consumo, e outras prácticas igual de abusivas, que elevan os importes a aboar polos clientes -intereses ó fin e ó cabo- dun xeito pouco serio, nunha usura doblemente dolorosa se temos en conta a situación actual.

Tarde se dan conta os traballadores do ramo de Seguros. Pero se son escoitados, sempre será bo momento para que se racionalice un sistema de relacións que algún día se pensou que podían ser de igual a igual.

Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES