A paz é posible
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 23 de abril de 2026
Neste momento, a paz é un tema do que falan os medios de comunicación nas primeiras páxinas.
Estase sufrindo demasiado.
Parece incrible.
¡¡¡Cando debíamos ser máis civilizados que nunca!!!
¡¡¡Cando sabemos as consecuencias das guerras ó longo da historia de Humanidade!!!
PARECE IMPOSIBLE
Parece imposible que dentro da alma humana caiba tanta crueldade.
-Non valoramos a vida do ser humano.
-Non valoramos o esforzo que supón levantar un país.
-Non nos importa que outros perdan todo canto loitaron ó longo de toda unha vida.
-Non nos importa ver ciudades convertidas en escombros.
-Non nos importa a morte de inocentes.
-Non nos importa ver criaturiñas orfas.
-Non nos importa destrozar o medio ambiente, a casa de todos.
¿FUTURO?
Desgraciadamente as persoas que perderon a vida xa non teñen futuro neste planeta.
Esperamos que poidan gozar da vida eterna e que o Señor teña misericordia delas.
As persoas que lles tocou vivir esas experiencias deben quedar feridas de por vida.
Os seus sucesores tamén van quedar marcados.
Moitas persoas quedarán mutiladas, outras traumatizadas, outras non poderán dormir tranquilas e a outras pareceralles oír bombas por todas partes.
¡Qué pena!
¡CO BEN QUE PODERÍAMOS VIVIR!
-Se non houbera egoísmo nos corazóns que as provocan.
-Se non houbera soberbia nas mentes engañadas polo mesmo demo.
-Se desterráramos a avaricia do corazón humano...
¿QUE PODEMOS FACER?
-Educar para compartir.
-Educar na humildade.
-Educar na caridade.
CONSTRUCTORES DA PAZ
Todos estamos chamados a ser constructores de paz desde o lugar que temos asignado na sociedade.
O primeiro constructor de paz é o propio fogar,
Aí é donde se forxan as personalidades.
-Se no fogar educamos para COMPARTIR aínda que sexan pequenas cousas: un lápis, un caramelo, un asento, unha chocolatina...
Se a infancia observa que os adultos tamén comparten, os exemplos arrastran e a victoria está asegurada.
Compartir produce ledicia e fai amigos.
O caso contrario sería a construcción de egoístas en potencia.
-Se no fogar practicamos A HUMILDADE sen considerarnos superiores a ninguén, buscando sempre a sencillez, a naturalidade, conformándonos co que honradamente podemos conseguir; estamos sementando na infancia ese valor tan importante.
En contraposición créanse persoas cheas de soberbia que embota as mentes de prepotencia e arrogancia inútiles.
-Pero aínda queda o máis importante: A CARIDADE coa practica da axuda desinteresada ós que temos ó noso carón.
Porque todos temos un corazonciño que necesita amar e ser amado.
Neste caso xa estaríamos sementando a fraternidade universal.
CÓMPRE FACER LIMPEZA XERAL
Nesta sociedade materialista e consumista, cómpre deixar moitos apegos a un lado:
-Diferenciar o necesario do superfluo: sóbrannos moitas cousas.
-Valorar o que verdadeiramente nos fai felices para levar unha vida como Deus manda.
-Non regatear esforzos á hora de prepararnos para ter un futuro en paz dentro e fóra do fogar.
-Educar nos valores cristiáns que deron lugar á vella Europa.
Practicar o perdón e a paciencia.
"DÚAS ARMAS MOI PODEROSAS".
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora