Datas clave para Lugo
Núñez, Pablo - jueves, 19 de noviembre de 2009
Vence o prazo dun mes que se deu o Presidente da Xunta para responder a temas moi importantes para a provincia. Na reunión que mantivo con Gómez Besteiro, solicitou ese mes para estudar o tema dos hospitais, incluíndo o San Rafael de Castro, eixo de promesas electorais na zona. Por iso, datas importantes para o futuro do hospital, dos seus traballadores, e de pacientes e familias afectados. Esperemos boas noticias, e que o tempo sirva para a reflexión e o traballo, e non como período de arrefriado.
Como esperamos boas noticias na participación do goberno autonómico no centro Gayoso-Castro, referencia a nivel estatal, e que debería contar co seu apoio; e no tema Pascual, que preocupa até a saciedade e solidariza a todos os lucenses, pero non parece calar no executivo.
Señores, sexamos serios. Lugo e os seus cidadáns merécense máis interese e preocupación, isto non pode seguir con este rumbo de esquecemento, abandono e indiferenza.
Núñez, Pablo
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora