Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Señor, Perdón... polos de omisión, tamén por eses! (1)

Gómez Vilabella, Xosé M. - lunes, 27 de abril de 2026
Dedicado ao meu Párroco actual, D. Amador Martínez Santos,
que me fai gozar oíndo e vendo o ben que ensina Catecismo aos nenos.

-.-

Si vis pacem, para bellum é una máxima latina que significa «Se queres a paz, prepárate para a guerra». ¡Daquela, armémonos; escollamos as armas! Os que se poñan de parte de Satanás, téñeno claro: a súa arma, ofensiva que non defensiva, é a soberbia. Para os cristiáns, que ben nolo receitou o Mestre, a nosa arma, única, insubstituíble, é a humildade.
O Mesías, en Xoán 14: "Se alguén me ama, gardará a miña palabra, (¡Xurará a súa bandeira!), e meu pai amarao, e viremos onda el, e faremos vida con el. O que non me ama, (o que non é humilde!), non garda as miñas palabras, e a palabra que escoitades de min non é miña, é do Pai que me mandou".
Máis adiante: "Déixovo-la paz, dóuvo-la miña paz (¡a única auténtica, a verdadeira, a que só se consegue con humildade!): eu non vola dou como o mundo a dá... Díxenvolo agora, antes de que suceda, para que, cando suceda, creades".
¿Que armas utilizaron Satán e maila Eva naquel pacto diabólico do Paraíso? ¡A soberbia, que non houbo outra: unha invitación falsa e un desagradecemento endemoñado, un uso, ou mellor dito, un abuso, do libre albedrío!
¿Como nos veu a Redención? ¡Coa humildade, pola humildade doutra muller, María, que esa si que foi humilde, serva de Deus!
-.-

A nosa herdanza, avergoñados que estamos dela, explícase pouco: Adán e Eva tiveron os fillos fóra, xa expulsados, do Paraíso; e así como o noso corpo é un froito do deles, a nosa alma tamén é un desgaxe, unha tira, da deles, así que, se no material se transmiten os xenes, no espiritual tamén hai, tamén temos, unha especie de ADN, sucio, endemoñado. ¡Outro, que non fose Deus, un Deus xeneroso e misericordioso, nin se molestaría en redimirnos!
¿Aquela soberbia dos Avós prexudicou a fauna e maila flora? ¡Tamén, seguro que si, por máis que non o vexa escrito: dun dominio e dun control absoluto do edén, posto ao noso dispor polo propio Creador, pasamos a un estado salvaxe, tan animais ou máis có máis animal de tódolos animais..., serpe excluída, por suposto!
¿Onde temos retratada a humildade? ¡Témola nos Evanxeos: Mt 6, 9-5; 7, 7-11; Luc 11, 1-4! Lucas resumiuno así: Señor, Perdón... polos de omisión, tamén por eses! (1) Unha vez despois de estar El orando en certo lugar, un dos discípulos pediulle: -Mestre, apréndenos a rezar, como lles aprendeu Xoán ós seus discípulos. Respondeulles: -Cando recedes, dicide: Pai, ¡sexa santificado o teu nome! Pai, ¡Veña o teu Reino! Dános cada día o noso pan. E perdoa os nosos pecados, como tamén perdoamos nós a todo o que nos debe; e non nos sometas á tentación". No 9-13, do mesmo capítulo, o Mestre concluíu: "-Por iso dígovos: Pedide e recibiredes, buscade e atoparades, petade e abrirásevos. Que todo o que pide, recibe; o que busca, atopa; e a quen peta, abriráselle. Ou logo, ¿que pai hai entre vós que, se o fillo lle pide un peixe, lle dá unha cobra? Ou se lle pide un ovo, dálle un alacrán? ¡Porque se vós, sendo ruíns, ben lles sabedes dar cousas boas ós vosos fillos, ¡canto máis o Pai Celestial dará o Espírito Santo ós que lle pidan!".
Reflexión: O propio Xesús, ¡Fillo de Deus, séxase, da máis alta Nobreza, da Omnipotente, da Divina!, noso Mestre perfecto, ensinounos o significado e maila execución da humildade por medio da súa palabra e do seu exemplo; ¡desde o berce ao calvario! Os cristiáns, os verdadeiros, os fieis, pois os outros non o son, non o somos, desexan que as súas palabras, e con elas os feitos, reflexen un sentimento interno de humildade, de contrición e de submisión á vontade divina.
¡Ai, Deus, para que aprenderíamos a ler se despois non lemos os Evanxeos, ou de lidos non os practicamos? ¡Da soberbia, libéranos Dómine!
-.-

Señor, Perdón... polos de omisión, tamén por eses! (1) Señor, ti ben sabes que puiden ser confesor, nada menos que en Herbón, pois ocasión tiven, pero..., quedeime en pecador! Dobremente pecador: Polo que fixen mal, podendo facelo ben; e tamén, polo ben que deixei de facer nas ocasións que Ti, Señor, me fuches dando nos meus noventa anos.
Aquilo dos franciscanos de Herbón... Coido que xa o teño referido: Naqueles triduos dos anos 40, un frade dos de Herbón foi predicar ao meu Montecubeiro, e..., ¡tomounos o catecismo! Soberbia á parte, dos nenos seica fun o que mellor lle soubo a doutrina, tanto do dereito coma do revés. Entón, aquel frade, propagandista da fe, díxolle a meu pai: -Déixeme levar comigo ao seu fillo, que de balde, en Herbón, chegará a frade! Pero meu pai, non sei se por respectar a miña condición de morgado, ou porque na súa crenza estimaba que, se deixaran casar aos clérigos, e lles substituían as sotanas por clergymáns, deixarían de chamarlles "sobriños" aos propios fillos, alegou que..., ¡que pensaba casalo na casa, para a casa! Con iso, a oferta, e posible vocación, malogradas, frustradas: ¡No sitio dun confesor, un pecador!
Por estas circunstancias, Señor, non levo alzacuellos; ¡nin o levo, nin o merezo! O meu sambenito foi unha pluma de bancario, ¡instrumento xudaico, que en definitiva iso fun, diso exercín, coa atenuante de que algo tiña que facer..., para comer!
Comezarei o meu exame deténdome na gravidade dos males que, podendo, non temos evitado, sexa porque, cegados coas vaidades mundanas, non fomos capaces de ve-las súas consecuencias, ou pola covardía de non tomarnos as molestias que esixían as fórmulas correspondentes. ¡Señor, en ambos casos, peccáta mea, omisión culpable!
Como dixo Manuel Sánchez-Palacios, "Sancristán que vende cera e non ten cerería, de onde é a súa peccáta mea se non é da sancristía?". Pois iso: Facer o mal é propio do diabro, séxase, da miña herdanza, pero, facer o ben? ¡O ben non é noso, somos delegados, administradores duns talentos que nos encomendou o Señor, así que compre traballalos, multiplicalos! ¿Como se multiplican? Para comezar, predicando co exemplo, sendo exemplares, levemos ou non alzacuellos, pois algo de administradores temos todos, incúmbenos a todos. En definitiva, hai que facer un bo uso do noso libre albedrío, que precisamente por ser de libre uso, noso é o seu uso, a súa execución!
Paren de lerme, por favor llelo pido, e vaian a Mateo 25, 14-15 e 19-21, onde atoparán a parábola do criado fiel, fiel e cumpridor: "Xa que fuches fiel no pouco, poñereite á fronte do moito. Pasa a gozar da festa do teu amo". ¡Mecachis! ¡Así que había que utilizar e administrar aqueles talentos? ¡Claro; eran prestados! Non o digo eu, que o dixo o propio Xesús; e ademais, nunha parábola, para que entendésemos e aprendésemos esa lección sublime, maxistral!
En parábolas tamén falaba meu avó, pero con un matiz, pois el contaba os contos verdes en metáforas grises; así resultaba que só o entendían os pícaros, ¡maiormente os que xa fixeran a mili! Con Xesús foi ao revés, que o entendían os bos, os chamados ás obras de misericordia, os inocentes.
-.-
Gómez Vilabella, Xosé M.
Gómez Vilabella, Xosé M.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES