Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

Rivas Delgado, Antonio - miércoles, 22 de abril de 2026
Manual de non querer saber

Non quero saber nada da formiga atómica, nin sequera da selva amazónica, tan afastada coma un soño que non me pertence. Eu son máis ben de parir pensamentos que fun empreñando polas corredoiras do silencio. En principio, mentres o tempo se desfai nas mans, escoito as cancións que aparecen nas dúas películas de Kill Bill. Que gozada!
Pingas de Orballo No quero saber nada da estrutura astronómica da nave Nostromo, nin sequera do alien que quere merendar a Sigourney Weaver, a miña, sempre miña, Sigourney Weaver. Prefiro perderme só, moi só, nese espazo sen nome onde soa, eterno, o Danubio Azul. E todo parece flotar, incluso a memoria,
Non quero saber nada do conto da tartaruga e a lebre, nin sequera da lentitude dunha e a velocidade da outra. Para que, se eu mesmo xa son o rápido de Bouzas! Son de ir e volver, de marchar e retornar unha e outra vez, como unha respiración teimuda. Son esa estrela errante que cantaba Lee Marvin, perdida no ceo das cousas esquecidas. Canto tempo sen escoitala... e, con todo, segue a doer.
Non quero saber nada da rima perfecta nin das estrofas disciplinadas que circulan pola autoestrada da forma. Escribir é outra cousa: é abrir a porta da adolescencia e deixar entrar os soños, os desexos, as ansias que nunca aprenderon a calar. Despois, a madurez resólvese con catro caralladas e a vida por diante, breve, case nada.
Non quero saber nada de enigmas vellos, nin de gatos imposibles, nin de agullas perdidas en palleiros que xa non existen. Nas airas das aldeas medra agora outra herba: a da ausencia. E queda só iso: soidade e silencio. Moita soidade, moito silencio.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES