Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

Rivas Delgado, Antonio - martes, 21 de abril de 2026
Canella da Melancolía

Carguei de razón o pensamento e deixeime ir pola canella da melancolía. Nesa na que, durante tres días de novembro, fun e volvín polo desexo máis profundo da existencia. E que todas as ansias bailen un twist ó ritmo do Dúo Dinámico. E que todas as esperanzas canten un góspel na igrexa da misericordia.
Pingas de Orballo Por todos os días corre o tempo, e a morriña asenta, unha e outra vez, no asubío dun xílgaro errante. Xa quixeran todos os corazóns durmir sobre as almofadas dos soños. Xa quixeran todos os corpos latexar ladaíñas de sentimentos. Agora que cada quen clame no deserto.
Eu asubío temas sobre a flor do toxo e deixo que a Perla Negra aboie sobre a miña conciencia. Son o Jack Sparrow que se afunde no reflexo do espello, ese espello que amosa a froita prohibida da señardade. Quizais a soidade sexa apta para soñar esperto. E como soñar esperto é bonito, é fermoso... soñemos.
Carguei de razón o pensamento e deixeime ir tras conversas melancólicas para oulear, máis tarde, no outeiro do devezo, na serra da ansia, na profundidade da lagoa. Agora que cada quen choute sobre os versos da euforia e sobre os poemas da súa ledicia.
Carguei de razón o pensamento para pensar e deixar de pensar, para ir e vir, para desexar volver, para que todo flúa, para que nada fique ou quede e para que todos os espellos do mundo reflictan as ansias dos momentos.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES