Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Que estudien eles!

miércoles, 18 de noviembre de 2009
A realidade está aí, e marca que os galegos somos -de todos os españois- os que menos seguimos a estudiar cumpridos os dezaseis anos, xa que algo máis dun corenta e dous por cento dos estudiantes decide non seguir máis aló.

As cifras estatais son bastante mellores xa que o promedio español está nun 31,7% de estudiantes que deciden plantar os estudios, se ben as dúas porcentaxes están ben lonxe de Cantabria onde só renuncian a seguir estudiando un 18.9% ou o País Vasco co 19%.

Razóns pode haber moitas, e os técnicos na materia saberanas ou deberán estudialas, e seguro que a situación económica anterior ou actual ten moito peso nunha situación así.

Os datos que facilita o Instituto Nacional de Estadística reflicten que o 21% dos galegos maiores de 16 anos teñen un título universitario ou do ciclo superior de FP, superando globalmente a antonomías como Andalucia, Canarias, Castilla La Mancha, Extremadura e Murcia. O que contrasta coa situación anteriormente mencionada, xa que se ben podería manexarse a estatística indicando que algo máis do 58% dos galegos maiores de 16 anos rematan ensinos secundarios, fixámonos na parte negativa obtendo ese 42,4% da poboación galega que, como máximo, só rematou o ensino primario.

Eso nun tempo en que os centros educativos están asentados en todos os concellos, en que existe transporte escolar e se promove de xeito decidido polos poderes públicos a facilidade para o estudio. Aínda así, temos un grao de desenvolvemento ostensible, e figuramos no último posto entre as comunidades autónomas españolas.

O de “Que estudien eles!”, que parece responder a aquel histórico “¡Que inventen ellos!” hanos costar moi caro no futuro se non sabemos corrixir rapidamente esta carencia de igual a igual.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania