¡Mecachis, que guapo soy!
Se por "guapo" se tiña Carlos Arniches, eu tamén o fun, pero, ¡en pretérito! (A guapa da familia foi miña prima Mercedes Cora -Mercedes Josefina Carrodeguas Gómez-, artista

e actriz, avogada, jefe de Prisiones, etc.). Xa que falei do seu portento: Dela aprendín a ser humilde, ou iso creo, que é outra carreira.
Lin nun artigo de Josep Pernau que "Pablo de Tarso tuvo que caerse del caballo y darse un coscorrón para descubrir que no le iba la persecución de cristianos, sino que lo suyo era predicar la doctrina que había perseguido". ¡Que lamentable é ter que caerse do noso cabalo, do cabalo do noso orgullo, para descubrir cal é a nosa medida! Ía dicir "o noso destino", pero eu no destino non creo: a semente é, foi, dos pais, pero o presente, o de cada día, ímolo fabricando nós; e se nos mollamos cando chove, agora que hai paraugas, agora que temos una certa culturiña, ¡que tivemos de Mestre ao propio Fillo de Deus!, todo consiste en poñerse, en utilizar, a capucha da prudencia.
Daquela titulación teatral de don Carlos os estudantes... (Eu tamén o son, ¡vitalicio!; xa que non puiden facer carreira na idade propicia, despois aceptei este purgatorio, ¿ou foi gloria?) Algúns estudantes, ía dicir, tiraron esta definición sarcástica para certa proba que se lles esixía con respecto ao seu proxecto docente e investigador:
"a) Historial académico docente donde se muestren las actividades docentes universitarias debidamente justificadas y, en su caso, con informe de valoración de dicha actividad.
b) Historial académico investigador que contenga las actividades de investigación y publicaciones científicas acreditadas documentalmente.
c) Otros méritos, entre los que se debe considerar la gestión universitaria".
¡Nada, que os obrigaban a mirarse no espello! Así é a vida, ¡C´est la vie!, que din os franceses, unhas veces por confesión forzosa, e outras voluntaria, lavémonos ou non, o de mirarse no espello é moi antigo; o primeiro dos espellos xa foron as pozas de augas tranquilas, pero anterior foi o caso do Adán e da súa Eva, que se ollaron por primeira vez con ollos pecadentos, ¡e descubriron que se tornaran feos, así que botaron man da primeira roupa que atoparon, que seica foron unhas follas da súa parra. ¡Pobriños!
En canto á alma, ao espírito, non hai mellor parra para tapar, ¡para borrar!, as nosas miserias que un arrepentimento inmediato seguido dunha indemnización e dunha confesión sinceras e rotundas. Con iso, unha vez cumprida a penitencia, despois si que procede exclamar: ¡Mecachis, que guapo son agora, despois deste enésimo bautizo! (¿Que é a confesión máis que un novo, enésimo, bautizo? ¡Pois logo).
-.-
As xefaturas comportan axustes máis ríxidos
Todas, as que sexan, e do que sexan; con esixencias meirandes na proporción en que suba o seu relevo social, a nosa mangancha ten que rever.

O deber da exemplaridade, aínda que non o teñamos regulado nas leis do país, si que está, por pura lóxica, nos códigos éticos.
Cos ascensos tamén ascende a nosa responsabilidade moral; máis nos temos que esixir para menos escandalizar. "Mandará o Fillo do Home os seus anxos, e quitarán do seu Reino tódolos escándalos e a tódolos que fagan o mal, e botaranos no forno do lume, onde será o pranto e o renxer dos dentes. Entón, os xustos resplandecerán coma o sol no Reino de seu Pai. Quen teña oídos que escoite. (Mateo 13: 41, 43). ¿Escoitamos? ¡Oír, oímos, pero escoitar é algo distinto!
O escándalo non é peccata minuta pois o propio Mateo tráenos, apórtanos, outra referencia ben elocuente no seu 18: 6, 7. E con el, Marcos (9: 42, 48). E Lucas tamén, no seu 17: 1, 3.
O escándalo é gradual: medra a súa repercusión social segundo foi medrando socialmente o escandalizador. ¡As alturas, que sempre deron vertixe!
-.-
Funcións específicas da conciencia
Acusador privado. (¡Coidado con perde-la confianza en Deus!). 1 Xoán 3: 20, 24): "Porque aínda que o noso corazón nos acuse, Deus é meirande có noso corazón e coñece todo. Meus amigos, se o corazón non nos acusa, temos confianza para achegarnos a Deus e El dáno-lo que lle pidamos, porque cumprimos cos seus mandamentos e facémo-lo que a El lle agrada. Isto é o que El manda: que creamos no seu Fillo Xesús Cristo, e que nos queiramos ben uns ós outros, como El nos mandou. O que cumpre cos mandamentos de Deus está en comuñón con Deus, e Deus en comuñón con el: coñecemos que Deus está en comuñón connosco polo Espírito que nos deu".
Sérvenos de testemuño. Romanos 2: 14, 16: "Cando os pagáns, con non teren Lei, practican naturalmente o que manda a Lei, entón aínda faltándolle-la Lei eles son Lei para si mesmos. E así amosan que levan escrito nos seus corazóns o efecto da Lei; failles de testemuña a súa propia conciencia, e de acusadores ou defensores os seus razoamentos. Así será no día en que por medio de Xesús Cristo xulgue Deus as cousas escondidas dos homes conforme ó Evanxeo que eu predico".
Axúdanos a obrar correctamente. (Se a temos ben domesticada, por suposto!). Romanos 13: 5: "Así, compre obedecer non só por medo ó castigo, senón por deber de conciencia".
A conciencia recta, escrupulosa, fonte de satisfaccións. 2 Corintios 1: 12: "O noso orgullo é o testemuño da nosa conciencia, de termos trasladado a todo o mundo-e xa non digamos a vós-, coa santidade e transparencia de Deus, non con sabedoría humana senón por gracia de Deus".
Deus ensínanos e guíanos a través dela. (Sempre; se a temos puída, educada, por suposto!). Salmos 10, 11: "Ti non abandonarás á morte a miña vida, nin deixarás que o teu amigo vexa a corrupción. Mostrarasme o camiño da vida: a túa presencia éncheme de alegría; a túa dereita, de gozo eterno".
-.-
Limitacións da conciencia
¡Hai que limpala! Hebreos 9: 14: "... moito máis o sangue de Cristo (que movido polo Espírito que animou toda a súa vida, se ofreceu a si mesmo a Deus, como vítima sen mancha) limpará a nosa conciencia das obras da morte, para así servirmos ó Deus vivo".
Revisala e mantela, coidala. 1 Timoteo 1: 18, 19: "Vouche facer unha gran encomenda, meu fillo Timoteo, conforme ás mensaxes inspiradas que se refiren a ti, para que apoiado nelas sosteñas un bo combate, armado de fe e de boa conciencia. Algúns rexeitárona e naufragaron na fe".
Ás veces hai que suxeitarse a outros. 1 Corintios 10: 33: "Así tamén eu procuro agradar a todos en todo, non buscando a miña comenencia, senón a da maioría, para que se salven!
Pode ser débil e caer na impureza. 1 Corintios 6: 19, 20: "¿Ou non sabedes que o voso corpo é templo do Espírito Santo que está en vós, porque o recibistes de Deus e que polo tanto non sodes donos de vos? Porque, en verdade, compróusevos a bo prezo. Glorificade, por tanto, a Deus co voso corpo".
Erros e fallos. Proverbios 16: 3: "Ofréndalle ó Señor os teus feitos, para que os teus proxectos saian ben".
Cando a conciencia se corrompe: ¡as medras falsas, equivocadas! Timoteo 6: 17, 19: "Ós ricos deste mundo mándalles que non sexan altivos, nin poñan a esperanza na riqueza incerta, senón en Deus, que nos dá para gozar tódalas cousas con gran abundancia. Que fagan o ben, facéndose ricos en boas obras, xenerosos en dar e dadivosos cos demais. Así atesourarán para si un estupendo capital para o porvir e acadarán a verdadeira vida".
Cando se volve insensible. Efesios 4: 17, 19: "Dígovos, por tanto, e recoméndovos en nome do Señor que non vivades máis coma os pagáns, coa mente baleira, coa intelixencia entebrecida, alleos á vida de Deus, pola ignorancia que hai neles, debido á cegueira do seu corazón. Os tales volvéronse insensibles, entregáronse ó vicio ata practicaren insaciablemente toda clase de inmoralidades".
-.- Gómez Vilabella, Xosé M.