Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O enterro da esperanza nas feiras das San Lucas

miércoles, 18 de noviembre de 2009
Vaian por diante os meus máis sinceiros parabéns para a comisión de festas, corporación municipal e cantas personas ou entidades colaboraron na organización do evento. O tradicional poder de convocatoria das San Lucas multiplicouse para compensa-lo enorme esforzo realizado..A lectura dos xornais transmite euforia colectiva e augura un prometedor futuro. Así o desexamos todos, especialmente os mindonienses .Mais para ler ben As Feiras, como sempre lle chamaron os veciños dos arredores, non convén fixarse no bulto ,nin nos que se apoleiran nas cerrumes do gando para quitar fotos e vídeos, nin tampouco nos que traen as reses de exposición. “As Feiras” sempre se leron asubiando para dentro ,coa orella alerta, e coas palmas das mans dispostas a terciar na feitura do trato, segundo conveña.

- Como vai a feira?
- Pois ,triste é dicilo, -resumíu un vello – moita fachenda e pouca merenda.

Vai sendo habitual que o trato case non faga acto de presenza; as mans nos petos, as orellas baixas e ,en vez de asubiar ,os labregos e gandeiros rosman ou moumean mentres, sumidos na rabia e impotencia , deambulan por entre a xente coa alma en pena , tal fosen persoeiros dunha agoniante estadea no enterro da súa derradeira esperanza.

Non precisa tirarlles da lingua para que conten o que noutrora eran As Feiras: unha inxección económica para a cidade, as vilas ,burgos e aldeas. Onde van os produtos das nosas rilleiras? Cebolas e allos, castañas e noces,…. olas e tarteiras,…as empanadas da berza…?. Todos agardaban polos cartos das feiras.
Xa non quedan nin soutos nin nogueiras; eucaliptos e silvas afogan as leiras. Morreron aldeas enteiras E os montes? Para as carqueixas. Un poldro de maio, ben feito nos cuartos traseiros , firme de mans e que , coas medras, vai dar na cruz máis de metro e medio, por noventa euros!

-Por tal miseria non o vendo, así teña que comelo.
-Así nos vai, meu neno; coa riqueza que atesouran as veigas de Mondoñedo!

Sen dúbida, tradicionalmente foi o agro o motor das San Lucas. Coa súa agonía a cidade minguou. As Feiras tiveron que muda-lo seu fundamento, adaptarse ó latexar dos novos tempos . Mais pouco dura un corazón desconectado do pulmón. O pulmón de Mondoñedo, como a totalidade do campo galego , de acordo coa cercanía preogada nas eleccións autonómicas, disfrutou e disfruta dunha comprensión e atención tan axeitada ás súas peculiares características que para planifica-lo seu futuro depende de Bruxelas, pero aíinda por riba diso pertencentes ó Concello minduniense a miudo foron agasallados con concentracións parcelarias cuxos trámites de execución (nunca mellor dito) duraron vinte anos e incluso corenta . E aínda así malvive! Eso sí, neses vinte anos os políticos cumpriron a palabra, dixeron que o obxectivo para o rural era fixa-la poboación e conseguírono pois xa case toda está fixa, no cementerio.

Xusto e convinte sería que a cidade e o seu contorno apreixasen as mans para cerrar en firme o trato dun camiñar conxunto co fin de reconquista-lo mútuo esplendor. Potencial hai dabondo para escorrenta-los malos tempos e resucita-la esperanza.
Piñeiro Gzlez., Francisco
Piñeiro Gzlez., Francisco


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES