Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Amor con amor se paga

Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 16 de abril de 2026
Cando compramos, pagamos con cartos.
Cando vendemos cobramos con cartos.
Hai relacións nas que con cartos é suficiente; pero tamén cómpre algo máis:
-Se cando compramos nos encontramos cunha persoa déspota, saímos desagradecidos do trato que nos deu e o máis probable é que non volvamos a comparar no naquel sitio.
-Se cando vendemos non somos afables cos compradores, perdemos un cliente hoxe, outro mañá, rematamos por perder ventas e o negocio vai a pique.
NA VIDA FAMILIAR
-Se os esposos non se tratan con delicadeza, aparecen as aristas e a convivencia faise costa arriba, o ambiente enrarécese e a cousa vai de mal en peor.
-Se os proxenitores son déspotas coa descendencia mostrándose distantes; esta síntese incomprendida, amargada, triste, non rende nos estudios e convértese en persoas cerradas e desconfiadas.
-Se a ancianidade no é comprendida e atendida como é debido nas súas necesidades, o seu carácter vaise endurecendo, o trato coas persoas faise difícil e xa non lle quedan ganas de vivir.
Desafortunadamente poucas persoas hai así; pero de vez en cando aparece algunha.
BEN DIFERENTE É A SITUACIÓN
Cando, na maioría dos corazóns, reina o amor.
Onde reina o amor é porque está o AMOR.
Por eso, cando as persoas foron criadas nun ambiente cálido e amoroso no que cada membro da familia mostrou a mellor vontade cara ós outros membros ofrecendo: comunicación, confianza, axuda, cariño, dozura, sinceridade, sencillez, humildade, naturalidade...
A VIDA FUNCIONA
Cando reina o amor entre os membros dunha familia, dunha cominudade ou dun país, as cargas fanse levadeiras porque:
-Reina a paciencia para tolerar os defectos mutuamente.
-Reina a benevolencia porque se quere o mellor para os demais.
-Reina o desinterés porque tódolos membros se recoñecen iguais.
-Reina o altruismo porque todos sofren por todos.
-Discúlpanse os erros que se poidan cometer involuntariamente.
-Compártense as alegrías así como as situacións de tristura.
-Devólvese xenerosamente: ben por mal.
Esto é o que pedimos os cristiáns cando dicimos a oración do Noso Pai.
NA VIDA SOCIAL
A vida social é un refrexo da vida familiar.
Cando eu era unha nena dicíannos que a familia era a célula básica da sociedade.
Hoxe en día non sei que se di.
En calquera caso hai que respectar tódolos pareceres; pero todos non son os verdadeiros.
Dise que:
"A verdade non ten máis que un camiño"
A min paréceme que é certo.
Unha cousa ou é verdadeira ou é falsa.
Tamén se di que:
"Tódolos camiños levan a Roma"
Si, pero hai caminos rectos e tamén os hai moi tortuosos.
Por eso as convivencias son moi difíciles e por eso convén regalas con moito amor para que sexan fructíferas
É DIFÍCIL PERO MERECE A PENA
Poñer amor onde non haxa amor a ver se pouco a pouco vai mellorando a situación.
Todo o que facemos por pequeno que sexa, ten repercusión a nivel mundial.
É ben certo aínda que non se note a simple vista porque o comprobamos en carne propia no caso das guerras: aínda que se produzan a miles de quilómetros, estannos afectando moito a todos.
E cando alguén reza aínda que sexa desde as antípodas, tamén surte efecto.
O MUNDO NECESITA PAZ.
A paz empeza no corazón de cada persoa onde reina o amor.
O MUNDO NECESITA AMOR.
Din que a guerra non a quere nadie, aínda que algúns viven dela.
Pero somos moitos os que queremos paz.
Se a maioría a queremos, significa que é posible.
"A PAZ É POSIBLE"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES