Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A subxectividade das varas de medir..., de medir as consecuencias (6)

Gómez Vilabella, Xosé M. - miércoles, 15 de abril de 2026
Del dicho al hecho hay un gran trecho

Niso, ¡niso e noutras cousas, tamén!, teñen razón os casteláns; os pobres criáronse encastelados, así que teñen un certo illamento da realidade, pero neste dito acertan! Con este dito afirman, e recrean, as súas circunstancias: eles encastelados, e ao redor, todo chan; pero non, non é así, pois o treito está, medra, segundo se mida, coas mans, ou cos ollos.
A subxectividade das varas de medir..., de medir as consecuencias (6)
Cando hai sinceridade, os ditos igualan aos feitos. O que dicía, o que nos predicou Xesús, coincidía rigorosamente cos seus feitos. O noso privilexio foi ter de Mestre ao propio fillo de Deus, e nin así o acatamos! Aí tedes, por poñer un exemplo, aos musulmáns, que acatan rigorosamente ao seu Muhammad, ¡e iso só que era, que so foi, un político; pero moi hábil, moi convincente! Haberá que dicirlle ao discípulo daquel Nestor, entre outras cousas, que os tempos cambiaron, que xa non é perigoso o jalufo..., que xa curamos a triquinose dos porcos!

¡A sinceridade; que escasa é, que pouco abunda, pero tamén ocorre que adoita ser perigosa neste mundo endemoñado! Por veces hai que esconde-la verdade, que é tanto como envaiña-la nosa arma. Claro que sen defende-la verdade non hai martirios; ¿verdade que iso foi o que che pasou a ti, San José María Díaz Sanjurjo, tío-avó da miña dona, mártir en Ton-King?

Cumpri-las promesas, miña querida Xosefina, ¡que grato é! Tres mil quilómetros, do Rois de Lugo ao Sidi Ifni da África Occidental, e casei contigo, ¡un trece, un martes, por poderes!, tan pronto pasou aquel siroco da peste bubónica. O peor foi durmir só: deiteime para a sexta, e non espertei ata as dúas da mañá, ¡desde que xa deran a cea no meu hotel, naquel Suerte Loca, que para min foi unha sorte Corda, pois aos poucos chegaría Iberia, e na Iberia unha Estrela.

¿Tres mil quilómetros; un gran treito? ¡Que va; o meu corazón e mailo teu sempre estiveron xuntos; e non só iso, que tamén me prometiches pedirlle a Deus que nos teña xuntos Aló Arriba, nunha desas escolas do Ceo, unha Mestra da Normal con un mestre de a ferrado! ¡Singular parella, non si?
-.-

A distancia dos fillos aos pais é meirande cá existente entre pais e fillos.

Pode haber excepcións, deformidades mentais, pero, en xeral, si: Os fillos son cousa nosa, extremidade corporal nosa, ramificacións, algo así coma as rosas da roseira, que van caendo pero perduran os pinchos, as espiñas do seu baleiro.

Co pai non tiveron cordón umbilical pero si afectivo; na súa responsabilidade de proxenitores, na chamada do sangue, dáse unha vinculación que vén do Deus Creador, do Pai protector; pero cando hai desavinzas, malo, que estragan o corazón, e amargan a vida.

Os pais, se fixese falta, darían a vida por nós. ¿Os fillos? ¡A veces, si, tamén, pero non sempre! Os fillos son algo así coma a froita caída da árbore, disposta a reproducirse, a xerminar, pero non se volve atrás, non volve ao tronco, mira e atende ao seu porvir, que tamén é natural, básico para a súa subsistencia.

Dos pais, ademais dos xenes, recibimos a nosa modulación inicial, básica, sobre a que asentaremos o futuro, eses cultivos cos que amasaremos o noso pan de cada día, a nosa moral, eses goces vitais que nos darán fortaleza para resistir, e sobrepoñernos, ás caídas deste vivir térreo, tan abrupto.

Sempre houbo máis agradecemento, máis empatía, no que dá que no que recibe. Dar, ademais dunha obriga é un pracer; ensinounos Deus a facelo, así que é unha virtude, á que chamamos caridade, amor, desprendemento, etc., segundo as circunstancias. O de recibir? ¡Segundo os casos, segundo as circunstancias!

Ese egoísmo natural dos fillos, ¡nacen con dereito a recibir!, por veces lévanos á tentación, ¡ou realidade!, de matinar que "A vaca do veciño dá máis leite cá miña". ¿Que o veciño coida, ampara, instrúe, nutre, aos seus fillos mellor do que o fan os nosos pais? A envexa non foi a menos desde Caín, pero poucas veces estará xustificada pois non hai pais que, podendo e sabendo, nos neguen o preciso, dentro do que eles teñan, por suposto. (A envexa, que a temos por pecado, por veces é boa, pois fai de estímulo para puír, para medir, os nosos comportamentos, as nosas mesquindades).

Cando os bos fillos perden aos bos pais, que por lei natural adoitan subir con antelación, desfanse en bágoas: Nese momento, nese ¡Deica logo!, é cando revisamos as medicións das nosas varas, cando abrimos os ollos..., precisa e oportunamente coas bágoas! (A min, neste intre, vólvenme a repuntar, pois estoume vendo, alí no presbiterio de Montecubeiro, xunto cos cregos, na despedida de meu pai, que foi cando A subxectividade das varas de medir..., de medir as consecuencias (6) lle dixen, así, en público, na miña oración fúnebre: "Meu querido pai, ensináchesnos a ler, e tamén a rezar; así o fago a tal momento, dándoche as gracias con todo o meu cariño filial..., á vez que che pido que, desde Aí, desde Arriba, nos sigas educando e protexendo!").


-.-

Teño que poñer estoutra fotografía para demostrar que durmín catro anos encima do tesouro de España, e con iso e con todo, nunca me atafegaron os cartos.


Meu primo, José Lombardero Gómez, como Conserxe do Banco de España gozaba do pavillón núm. 20, na Cibeles, pero no verán, ata que chegaba o día de saír de vacacións para Castroverde, o noso gozo caía nun pozo pola calor que nos metían aquelas azoteas, e como daquela non se estilaba andar mal vestidos, con escaparlle ao
diñeiro, con subirse á azotea vestidos de gala, refrixeración. ¿Total? ¡Non; parcial!

¿Como se medía o tufo daquel diñeiro? ¡Vóuvolo contar! Cando se construíu este edificio, ou máis exactamente unha das súas ampliacións, tívose por obstáculo que o "arroyo" Abroñigal baixase esquinando o solar elixido, pero a solución foi práctica: Entubar o rego, pero con tal arte e de tal forma que, en caso de atraco, os directivos do Banco podían abrir unha especie de comporta..., e inundar o soto da prata! Daquela o tesouro era así, precisamente en ouro e prata, así que non había deterioro posible. Por último, na ampliación do ano 1934, ampliouse a cámara subterránea, onde Yamoz contou co asesoramento dos arquitectos Pedro Muguruza e Martínez Cumillas, así como co enxeñeiro Peña Boeuf, que entre os tres resolveron aqueles problemas das augas subterráneas. A superficie total da cámara, ¡unha cámara santa!, acada os 2.500 metros cadrados, e o seu blindaxe especial foi construído en Nova York.

Aquel problema, hoxe, entre o ouro e maila prata que se foron para Moscú, ¡ademais doutros petos aproveitados!, e logo eses papeliños do euro, convertidos aqueles pavillóns en oficinas, etc., o Banco de España segue sendo de España, pero meu, xa non!

En definitiva, que para min foi una riqueza inmensa, inmedible, subir de garabata ás azoteas do Banco de España. No peto non tiña unha cadela, pero, aló abaixo..., aló abaixo estaban, quedaban, os restos do noso tesouro! ¡Nada, que nesta vida todo é relativo, mutable, efémero; pero as lembranzas son..., inconmensurables!
-.-
Gómez Vilabella, Xosé M.
Gómez Vilabella, Xosé M.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES