Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ser de alguén

Xiz, Xulio - viernes, 10 de abril de 2026
A pregunta "de quen ves sendo?" é habitual no noso rural e aínda nos pobos, por estimar que nos axudará a identificar ao interlocutor. Que non é privativo desta fin do mundo, pois a pregunta formulárona musicalmente alto e claro -"Y tú, de quién eres?- os andaluces "No me pises que llevo chanclas" a finais dos anos oitenta. Porque ademais de nós, somos froito das nosas circunstancias, e pasamos de ser fillos a consortes; logo a pais, e de pais a avós, de maneira que se evidencia un vencello, case propiedade, que nos identifica con claridade meridiana.

Pasei uns días fóra de Lugo, orfo de novas,alimentándome só das redes, percibindo da nosa cidade só dúas noticias luctuosas: Os pasamentos de Josefa Besteiro e María Luisa Posada, polo que aproveito para, dende La Voz, enviar as miñas garimosas condolencias ás súas familias.

De Josefa, menciónase ser nai de José Ramón Gómez Besteiro, político relevante, que ao citarse en orde ascendente respeta unha cronoloxía que parece elemental. Pero de María Luisa o que primeiro se menciona -a actualidade manda- é o de ser nai das irmáns Pardo de Vera, política e xornalista, quedando en segundo lugar os outros tres fillos, e o viuvo, Xerardo Pardo de Vera, avogado, cronista parlamentario en La Voz, e Exalcalde de Becerreá en clara victoria no que se consideraba feudo dos Rosón. E quero lembrar da falecida o seu carácter de profesora e as súas vibrantes intervencións nos debates da antiga TVL.

Os pais perdemos protagonismo na medida en que as novas xeracións se incorporan. En definitiva, está ben, porque o sol que brilla para todos vai iluminando máis forte por onde pasa.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES