Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

Rivas Delgado, Antonio - miércoles, 08 de abril de 2026
A mochila da memoria

El mirouna de esguello. Ela estaba no asento do copiloto, suxeita a unha pequena mochila negra. Ían camiño de Muros.
De cando en vez, a nostalxia del estaba preñada de melancolía. A dela, pobre, flotaba polo pequeno espazo interior do vehículo.
Pingas de Orballo El conducía. Ela cantaruxaba cantos gregorianos. El, escoitándoa, sorría. Din que a melancolía é o pracer de estar triste. Eles, os dous, estaban melancólicos, si, pero non tristes. Ían ó que ían.
A entrada a Muros foi algo caótica: feiras, mercados, procesións de Semana Santa, de paixón. Paixón como a deles. Viron a áncora e volveron sorrir. Sabían que aquela áncora tiña historia. Non puideron cumprir o seu desexo alí mesmo porque, xusto ó seu carón, na peaña da áncora, había moreas de roupa. E tampouco era plan de luxar a vestimenta.
El volveuna mirar de esguello. Ela seguía acordoada, atada á mochila. Mirouno de fronte e asentiu. Marcharon xuntos na procura das augas do mar. Sen dubidar.
El abrazouse á mochila e deixou que se espallasen os recordos: os días de ir e vir, os instantes fermosos e mesmo as carraxes que, de cando en vez, asoman na vida de calquera. Ela, mentres se ía, sorríalle a el, á memoria compartida, ó tempo vivido xuntos.
Repetiron practicamente o mesmo en Lira. Porque había que ir a Lira. Muros e Lira, Lira e Muros. Como tiña que ser.
En Lira, desde o paseo marítimo, el espallou de novo as lembranzas baixo o sorriso dela. Ela deixouse ir e, baixo os mesmos cantos gregorianos, quedou durmindo o soño dos xustos, placidamente, coa conciencia tranquila e unha fonda paz interior. El soltou un salouco. Ela nadou cara ó infinito e máis alá.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES