Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

Rivas Delgado, Antonio - viernes, 03 de abril de 2026
Do Viso ó Fragoso

Levaba tempo sen facer rutas turísticas. Case -ou sen case- podería dicir que anos. O outro día, non sei onde, vin e lin a palabra Lobeira. Díxenme que aí nunca estivera e que xa chegara o momento de ir. Pingas de Orballo É máis, desde ese instante comecei a tramar a idea de visitar todas aquelas capitais municipais nas que aínda non puxera os pés.
E xa que a intención era ir a Lobeira, tampouco quería facelo ás cegas. Busquei información e atopei, polo menos, dous lugares de interese: a capela da Nosa Señora do Viso e a Fervenza do Grou.
Xa diante da Nosa Señora do Viso quedei algo abraiado pola súa marabillosa situación: no macizo da Serra do Leboreiro, desde onde se divisa unha boa parte da comarca. Atópase a 852 metros de altitude e a capela presenta un arco de medio punto. Ademais da súa localización privilexiada, chama a atención o conxunto do recinto e o ben conservado que está.
A través do guasap recomendáronme achegarme ata Grou para tomar un café. Fun e alí ninguén soubo darme razón da Fervenza do Grou -agora sei tamén que lle chaman Fecha dos Infernos de Baixo-. Con todo, faláronme da Fervenza do Fragoso -ou Corga do Poleiro-, e con iso xa me abondaba: que fose fervenza, ruxidoira, seimeira ou catarata.
É certo que, para vela, tiven que percorrer un carreiro rozado pero con bastantes atrancos que dificultaban a andaina. Hai un camiño que leva a un miradoiro, mais, como me advertiran que desde alí non se podía ver o salto de auga, nin o intentei. Por iso optei polo carreiro de abaixo. Non cheguei ó alto de todo da fervenza, pero o que vin foi suficiente para deixarme o bico doce e confirmar que pagara a pena percorrer tantos quilómetros.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES