Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

San Marcos da Ponte Vella - Fazouro

Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán) - jueves, 30 de abril de 2026
Non se sabe quen puido ser o autor desta curiosa obra tallada en pedra de granito que está ligada á figura do apóstolo San Marcos.

Eu lembro que sendo neno, a finais dos anos 50, esta pedra foi o xoguete dalgúns dos San Marcos da Ponte Vella - Fazouro nenos da Pontevella os cales se dedicaban a arrolala pola costa abaixo do camiño como se dunha pelota se tratara, pero a pesar de dar tantas voltas, tal obra volveu, non sei como a parar ó lugar onde sempre estivo colocada.
Esta figura monolítica que representa como dixen a figura do apóstolo San Marcos, non se sabe de qué século pode ser, pero si, podo dicir que a súa rogativa sobrepasa os 100 anos de antigüidade. Esta pedra formaba valado nunha terra da Ponte vella propiedade de meu avó Ramón Martínez Rodríguez, de profesión legoeiro (peón de camiñeiro) xa antes de casar.

Meu avó casou con miña avoa, Pilar Díaz Rábade, natural de Trobo do concello de Begonte, e eran coñecidos en Fazouro polos da "Casilla", por que vivían nunha daquelas casiñas coñecidas co nome de "Casilla de Peones Camineros".

No ano 1959, María, filla deles, xa casada, foi vivir á casa da Ponte vella, en dito lugar San Marcos da Ponte Vella - Fazouro tiñan unha casa cunha terra separada do camiño por un balado de pedras nas que entre outras, estaba dende fai moitísimos anos, esta pedra na que se representa a figura de San Marcos.

Como xa dixen, que polos anos 50 serviu de xoguete para os nenos, un dos que máis xogaba con ela, quizás por que era da súa propiedade, foi meu curmán Francisco Martínez Martínez (Paco da Casilla, xa falecido).

Meu curmán Paco, un día decidiu pintar a imaxe do Santo e fíxoo con tinta extraída das bólas do sabugueiro (bieiteiro nesta zona). Se nos fixamos, nunha das caras talladas aínda se notan as marcas da tintura.

Esta imaxe de San Marcos, recibiu rogativas fai moitísimos anos. Posiblemente ata finais do século XIX, onde os fregueses de Fazouro ao saír da misa ou quizás en procesión antes do remate da misa, viñan dende a Igrexa Parroquial que está preto deste lugar para pedirlle ao Santo que os favorecera con choiva cando ían labrar o millo aló polo mes de maio.

A pedra salvouse de ir parar ao entullo grazas a Estrella Alonso (Estrella do Carolo) que evitou que a recollera a pala e a botara no camión.

Finalmente, e por expreso desexo de miña tía, foi colocada por orde do concelleiro de cultura Xaime Cancio Rodríguez no lugar onde estivo sempre e nese lugar oxalá esté
moitos anos.

Acaba de ser declarado BIC, Ben de interese Cultural.
Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán)
Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán)


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES