Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

Rivas Delgado, Antonio - jueves, 02 de abril de 2026
Lectura en movemento

Saín da casa cunha bolsa de lixo nunha man e dúas caixas de cartón na outra. A bolsa, para o contedor verde; Pingas de Orballo o cartón, para o azul. Seguín camiño. No atallo, asombreime do moito que medraran as herbas, e as patacas dun veciño ó final do carreiro. Antes incluso de chegar ó paseo do río dos Muíños, xa abrira o libro "Minnesota", de Joe Nesbø.
Paso a paso, fun pasando páxinas a esgalla. Cando cheguei ó parque dos Patos, boteille unha ollada o meu -xa amigo- ganso. Sorrín ó lembrar unha amiga que di que ela sempre lle chamará "oca" e, ó río, Barbañica, porque leva toda a vida chamándolles así.
Pasado o parque dos Patos da Valenzá, non tardei en sentar no pequeno muro do paseo. Si, aínda que pareza mentira, ás veces sento. Dígoo porque como sempre sinalo que leo andando... pero tamén me deteño. Só un intre: unhas veces para facer tempo e, outras, ata chegar a un novo capítulo.
Logo dese ínfimo descanso, reiniciei o paseo e a lectura. Había algo de barullo á altura do campo de fútbol dos Carrís, mais non impediu que seguise a trama do libro. Os últimos metros do percorrido tiven que facelos con moita lentitude e mesmo con algunha que outra parada para poder alcanzar un novo capítulo e colocar alí o marcapáxinas plastificado, no que asoma unha foto da Aira de Arriba, un debuxo dos Milagres e o nome de Baños de Molgas.
Pechei o libro, puxen os auriculares, abrín Spotify e emprendín o camiño de volta á casa pola avenida de Celanova, con parada incluída para saborear un café e contar o que acabo de contar.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES