Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Los últimos. Voces de la Laponia española

Pinto Antón, J.A. - viernes, 03 de abril de 2026
O autor, Paco Cerdá, é xornalista. E nótase nestes dez capítulos que percorren o territorio enorme do Sistema Ibérico. Miras sobre o mapa e semella o dobre de extenso que a Cataluña limítrofe. Ou quizais seis veces o País Vasco. Como as serras non coñecen fronteiras, este amplo territorio esténdese por catro comunidades autónomas.

O xornalista, nunha viaxe chea de reviravoltas percorre en cento sesenta e tres páxinas máis de 2.500 quilómetros pola España Baldeira, a chamada Laponia española da serranía Celtibérica. Como a historia das xentes que viven aquí vén de moi lonxe, hai uns 1.355 pobos e aldeas a cabalo das montañas e do frío. Con menos de 8 habitantes por quilómetro cadrado, non existe un lugar tan baldeiro en Europa. Nin sequera na Laponia finesa.

Dez recunchos en dez provincias distintas dan para dez reportaxes co leiv motiv da melancolía, o silencio e a desolación. Na zona cero de Guadalajara, menos de catro h/qm2, nos 41 pobos da comarca. 'Teruel tamén existe' berran, porque esta provincia foi quen de inventar unha palabra difícil e definidora: demonostasia. Hai una Rioxa rica e poboada e un recuncho no sur onde a xente vai morrendo ou vaise. En Burgos ten sona o mosteiro de Silos, toda unha metáfora do templo de silencio no que se ten convertido a comarca. En Soria, 'lejana y sola' escribía Machado, só quedan as voces dos sobrevivintes, mortos vivientes condenados pola bioloxía. En Valencia, en Cuenca, en Segovia e Castelló. En Zaragoza. Todas coas súas Laponias despoboadas de xente, de economía, de futuro.

As últimas voces da Laponia española xa non teñen as cores das risas, os cristais rotos dos berros infantís. Paco Cerda escribe así de certeiro, así de bonito de cousiñas tan tristes.
Pinto Antón, J.A.
Pinto Antón, J.A.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES