Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Co suficiente, basta

Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 02 de abril de 2026
A simple vista, parece moi claro; pero na realidade non é tan doado.
O básico para unhas persoas non é o mesmo que para outras.
-Para unha persoa que vive da mendicidade o básico sería ter comida e teito.
-Para unha familia de clase media o básico é ter saúde, teito, traballo e poder levar adiante a familia.
-Para unha familia acomodade o básico xa é todo o anterior e a parte: ter unha segunda residencia, poder mandar os fillos a formarse ó extranxeiro, un bo coche e unha boas vacacións en calquera lugar.
-Para os ricos, ós límites xa non teñen teito.
Gastan, malgastan, derrochan e volven a derrochar e pode que nin siquiera saiban o que teñen.
TODO EN UN LÍMITE
A miseria debe ser moi mala.
Non a quere ninguén.
-Non ter onde pasar a noite ó cuberto debe ser dolorosísimo. Parece incrible que no século XXI nun país desenvolvido como o noso, haxa persoas mesa situación.
-A súper abundancia, non saber o que se ten, non valorar nada e ter un corazón impasible aínda é moito peor.
Afortunadamente a maioríaa das persoas pertencemos a clase media aínda que hoxe en día a clase media xa non é tan media porque o nivel de vida sobe como o leite no lume e os soldos pouco.
FAMILIA MOI VARIADAS:
Desde sempre, as familias normais teveron e teñen abondo con satisfacer as necesidades propias do fogar e incluso necesitan axuda dos avós á hora de coidar a infancia e outros menesteres.
Pero se as familias se rompren, como ven pasando hoxe en día, e nacen outras unións, os problemas multiplícanse.
A parte da subida do coste da vida, súmanse outros problemas que fan que resulte difícil defenderse a moitas persoas hoxe en día.
O comercio ofrécenos tantas "ofertas" que resulta difícil resistirse.
Son moitos os factores que nos levana unha administración "irregular" dos nosos recursos económicos.
ADMINISTRACIÓN IRREGULAR
O mundo actual está pensado para GASTAR, USAR E TIRAR.
A PARTE DO BÁSICO: hixiene, alimentos, vestido, calzado, transporte, colexios, compras varias, mantemento do fogar, impostos, letras, hipoteca...
-ROUPA: como non se dá gastado nin a moda nos deixa tanquilos, dámola, tirámola ou leváola a Cáritas.
-CALZADO: máis do mesmo.
-FESTAS DE CUMPREANOS con regalos e festa gastronómica como se se tratara da festa patronal da parroquia.
-ONOMÁSTICAS: menos, pero tamén.
-DÍA DO PAI: regalos, que levan consigo facer máis horas extras.
-DÍA DA NAI: outro día organizado polos centros comerciais.
-DÍA DOS NAMORADOS: ¡Qué menos!.
-MÓBIL canto antes para que a criatura se entreteña e se poña ó día...
-MOTO ós catorce anos, aínda que non teñan carné ni leven ben os estudios.
-COCHE ós dezaoito anos para que sexa como todos.
LIBROS: poucos porque xa busca información en internet...
¿NECESITAMOS TANTO?
-Coa roupa que nos sobra a moitos, vestíase o resto da humanidade que pasa frío.
-Co calzado: máis do mesmo.
-Co que se gasta de máis nas celebracións alimentábase boa parte dos mendigos que piden nas portas das nosas igrexas.
-Os mellores regalos para os pais e as nais son os abrazos e o cariño que deben recibir toda a vida.
-Os namorados o que necesitan é rega-lo amor recíproco tódolos días.
-O móbil para a infancia desfavorece o seu desenrolo intelectual como veñen dicindo os mestres fai moito tempo.
-A moto: cando a necesite para ir ó traballo e gañe para ela.
-O coche: cando gañe para el.
-Os libros son os que deben ocupar o primeiro lugar na formación da xente nova e de tódals idades, porque le é falar cos sabios.
Co que poderíamos aforrar nestas e outras moitas cousas, escusábamos facer tantas horas extras e poderíamos dedicar máis tempo a familia.
Os resutados serían mellores.
Pero... ¿Seremos capaces de cambiar este mundo tan acelerado?
Algunha medida haberá que tomar.
A vida regálasenos para disfrutala, co necesario; non para escravizarnos con cousas supérfluas
Co necesario é suficiente
Pero necesitamos tempo para comprendelo e asimilalo.
"NECESITAMOS TEMPO"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración esta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES