3.6. Algunhas consideracións antropolóxicas
Este santuario mariano revelanos por medio de lendas unha sucesión de eventos ligados có ente sacro, que patentiza a súa presencia nesta comunidade. Hai, por tanto, unha ligazón entre a comunidade e o ser

sobrenatural, entre o humano e o sagrado.
O seu emprazamento, situado no campo, foi valorado como lugar de culto por medio da lenda. Esta posúe un valor de conformidade que non podería ser discutido sen cuestionar ó mesmo tempo a creedibilidade da comunidade. Ademaís, o sentido de posesión sobre a imaxe mariana non se fundamenta, dun xeito preferente, no seu valor artístico e pecuniario, senón no poder que posúe por si mesma e para a comunidade propietaria en canto que constitue un importante símbolo de referencia e identidade.
De aí que a imaxe se resista a ser levada fora da comunidade aos lugares de culto xa institucionalizados. En suma, segundo Honorario Velasco, a comunidade convirtese en testemuña comprometida dunha verdade de fe local.
Por outra banda, o santuario non só manifesta a vivencia da identidade da comunidade na que se localiza, senón tamén o sentido de apertura que lle dá a gran devoción, que sinten outras comunidades da bisbarra.
Este nivel de asistencia débese a sona, que tivo e segue tendo este centro sagrado, debido aos portentos que se difunden entre os devotos. Estes son a manifestación do poder da advocación mariana., que actua como mediadora ante Deus, chegando a posuir todo o seu poder sobrenatural. De aí, que os fieis teñan coa entidade sacra un importante código comunicativo co que se pretende acadar a súa protección e indulxencia, así como o agradecemento por un favor outorgado. Esta comunicación queda reflectida nunha serie de promesas. Algunhas de carácter oficialista, como, oir misa e participar na procesión. Outras, pola contra, de raiz popular, como, calquera ritual de contacto coa imaxe mariana.
No obstante, hai devotos que denantes de entrar en contacto coa advocación mariana se purifican realizando actos penitencias propiciadores da graza divina.

Asi, neste santuario, manifestanse signos ligados coa penitencia, como vir caminando dende o lugar de orixe dos devotos. O camiñar constitue a forma máis sinxela de purificación e mortificación corporal.
Ademaís, é mester salientar, como a dimensión sacra do santuario transmítese ao exterior, dun xeito directo, por medio da procesión. Así, tanto a cruz procesional como a imaxe mariana, que saen na mesma, santifican o espacio xeográfico que percorren, proporcionando unha enerxía positiva a todos os seres que se encontran no mesmo.
Respecto á disposición da procesión, hai unha serie de trazos básicos: dentro da comunidad local é algo que chega vitalmente aos fregueses. Tamén, cómpre reparar nas imaxe de devoción, no xeito de levala, no pobo que participa e no que mira, así como no espírito da celebración reflectido en cantos, rezos, e mesmo no silencio.
Finalmente, o santuario reflicte unha dobre significación: unha, normativa, referida a componentes da orde social e moral; e outra, sensorial, que fai alusión aos procesos que estimulan os desexos e, tamén, as emocións.
3.7. BIBLIORAFÍA.
ÁLVAREZ GASTÓN, Rosendo: La religiosidad popular, Madrid: Biblioteca de Autores Cristianos, 1981, páx. 7.
BLANCO PRADO, J.M: Religiosidad popular en el municipio de Begonte, Lugo: Deputación provincial, 1991.
BLANCO PRADO, José Manuel. Exvotos e Rituais nos Santuarios Lucenses, Lugo: Deputación Provincial de Lugo, 1996.
BLANCO PRADO, José Manuel. Santuarios da Terra Chá, Vilalba (Lugo); I.E.S.CHA, 2018.
BLANCO PRADO, José Manuel. A devoción popular nos Santuarios Lucenses (Estudio fotográfico), Lugo: Deputación de Lugo, 2023.
CEBRIÁN FRANCO, Juan José.: Santuarios de Galicia (Diócesis de Santiago de Compostela). Santiago, 1982, páx. 6
CUBA, X.R,; MIRANDA, X.; REIGOSA, A. Diccionario dos seres míticos galegos, Vigo: Ed. Xerais, 1.999.
DOVAL ADAN, Antonio.: Cervantes, en Galicia, pueblo a pueblo. Coord. Andrés Precedo Ledo. La Voz de Galicia. Xunta de Galicia. 1993. Santiago de Compostela, páx. 368.
EQUIPO IR INDO.: Galicia en comarcas. Os Ancares e O Courel, nº 2, Vigo: Ir Indo, La Voz de Galicia, 2005, páx. 105.
FIGUEROA, Antonio.: Experto en Sistemas de Información Xeográfica (Six). Autor dos mapas de localización.
FUENTES ALENDE, Xosé , BOELL, Denis-Michel. :Exvotos mariñeiros en Bretaña e Galicia e Exvoto marins en Bretagne et Galice. Ouest France: Carrefour Des Regions d´Europe, 1987.
FUENTES ALENDE, Xosé.: Os Exvotos na Relixiosidade popular galega. A súa dimensión patrimonial, Cuntis (Pontevedra): Ed. Andavira, 2019.
FUENTES ALENDE, José.: Los Exvotops en Galicia. Su significación en la religiosidad popular: De la cera a los cuadros votivos, Ts. I e II, Pontevedra: Museo de Pontevedra, 2024..
LADRA, Lois.: Religiosidad Popular e Mitos Fundacionais no Douro Transmontano, Vila Real (Portugal): Cámara Municipal de Vila Real, Caderno Cultural, nº 24, IV. Serie, páx. 79.
LISÓN TOLOSANA, Carmelo: Invitación a la Antropología cultural de España. Madrid: Akal, 1980.
LISÓN TOLOSANA, Carmelo. Antropología social y hermenéutica. Madrid: Fondo de Cultura Económica, 1983, páxs. 60-61.
GONZALEZ REBOREDO, Xosé M. Guía das Festas Populares de Galicia. Vigo: Ed. Galaxia, 1997
GONZÁLEZ REBOREDO, X. M. Os Santos titulares de parroquias en Galicia, Santiago: Sotelo Blanco, 2012.
MALDONADO, Luís. Los Santuarios en la Religiosidad popular, en Santuarios del País Vasco y Religiosidad Popular. II Semana de Estudios de Hª Eclesiçástica del P.Vasco, Vitoria, 1982.
MARIÑO FERRO, Xosé Ramón.: Las Romerías / Peregrinaciones y sus símbolos. Vigo: Ed. Xerais, 1987, páx. 13.
MARIÑO FERRO, X.R. Santuarios mágicos de Galicia, Vigo: Ed. NigraTrea, 2003.
Maribel.: Enciclopedia Mecabá. https:// mercaba.org.
MOURE SALGADO, Xabier e CARPENTE LEIRA, Pilar.: Cervantes, un concello con historia, Lugo: Deputación de Lugo, 2019, páxs, 140 e 344.
MOURE, Xabier:: https.// patrimonio galego.net.
PRAT I CARÓS, Joan.: Los Santuarios Marianos en Cataluña: una aproximación desde la etnografía, en la Religiosidad Popular. III. Hermandades. Romerías. Santuarios. Anthropos, Barcelona, 1989, páx. 227.
VÁZQUEZ VARELA, José Manuel.: Etnoarqueología: conocer el pasado por medio del presente. Pontevedra : Diputación Provincial de Pontevedra, Servicio de Publicaciones, 2000.
VÁZQUEZ VARELA, José Manuel e VÁZQUEZ RODRÍGUEZ, Alexandre Luís.: La religiosidad popular de Galicia ante los riesgos naturales, en Semata: Ciencias sociais e humanidade, nº 29, 2017,paxs. 301-319.
VELASCO, Honorario. Las leyendas de hallazgos y de apariciones de imágenes. Un replanteamiento de la religiosidad popular como religiosidad local, en La Religiosidad Popular II. Vida y muerte. (Coords): C. Álvarez Santaló; María Jesús Buxo; y S. Rodríguez Becerra. Barcelona. Anthropos, páx. 402.
WILLIAM A.CHRISTIAN, Jr: Religiosidad popular. Estudio antropológico en un valle español. Madrid, Tecnos, 1978, páx. 134.