O deber cumprido anticipa os goces do Ceo.
Cando a alma está en graza de Deus,
agradecida de Deus,
¡que felicidade tan grande,
anticipada:
é un aperitivo,
un anticipo
da Gloria prometida,
da Gloria anunciada!

-.-
A miña panxoliña
Nadal do ano 2021
(Dedícolla ao meu neto, Miguel, para que lle poña música)
Noite Grande, Noite Boa,
que se foi a lúa
e veu o sol.
Noite moura foi aquela da Eva,
pois María,
na súa humildade,
sen deixar de ser virxe,
deunos a luz,
trouxo ao mundo
o noso Redentor.
¡Albricias, que xa temos luz,
que veu o sol, o definitivo!
¡Felicidades,
pois agora temos abertas
as portas do Ceo:
abríunolas
o propio Fillo de Deus!
Así que,
¡Laus tibi Christe!
(Con música do meu neto Miguel Nó Gómez)
-.-
Aquelas coplas do século XX
Ben me gustaría honra-la Cega de Gondel coa súa foto, pero non logrei ningunha. Eu téñoa ben gravada na miña memoria, e coido que moitos quedarán da miña xeración que tamén a teñan admirado. Dela direi:

Que fotos non teño, e letras daquelas coplas, mentres vivan netos dalgún afectado, sexan de cego ou das políticas, mellor prefiro silencialas, ¡polo que aínda podan doer!
Vaia por diante a miña admiración pola ceguiña de Gondel ¡Que talento, que igual retrataba, sen ver, como rimaba con só que a súa filla lle dese algún detalle do público que a adoraba naquel intre! O xenro, Nicanor, tamén lle daba ao violín, pero deixoullo á sogra, en exclusiva, tan pronto o autorizaron para vender "cupóns".
Ao Florencio (¡todo un século de feiras e de festas, -1914 a 1986-!, a varíola quitoulle a vista pero afinoulle as orellas, a tal punto que mesmo facía falar o seu violín. Os músicos deses anos tíñano por un polifacético admirable e admirado, "que pasaba sen ningún pudor do Vén bailar Carmiña ao último éxito de Julio Iglesias". Mauro Sanín dixo del: "Florencio, músico por necesidad, sólo tuvo un privilexio en su vida: tocar en la plaza pública".
-.-
As Verbas
As verbas abren o mundo, e as mans péchano.
Ao comezo existía a Palabra,
e a Palabra estaba onda Deus,
e a palabra era Deus.
Ela estaba ao comezo onda Deus.
Todo foi feito por ela,
e sen ela non se fixo
nada do que foi feito.
Nela estaba a vida,
e a vida era a luz dos homes;
a luz aluma na tebra,
e a terra non a deu apagado!
Xoán, 1, 1-5 Gómez Vilabella, Xosé M.