Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A fenda tecnolóxica

viernes, 13 de noviembre de 2009
As diversas institucións fan decididos esforzos por achegar as novas tecnoloxías a toda a poboación galega, mesmo ó rural, pero a fenda tecnolóxica segue aberta e segue sendo aínda moi fonda.

O Instituto Nacional de Estadística dispón xa de datos correspondentes ó presente ano sobre o estado das novas tecnoloxías no noso país, e aínda que imos millorando, o desfase entre o rural e o urbano é evidente, e do conxunto de Galicia con España segue a ser notable.

Mentras en España ten accedido a Internet o 54 por cento dos fogares, en Galicia só conectan coa Rede un 42 por cento fronte ó 58 por cento que aínda non posúen este servizo considerado imprescindible no momento actual. Dispón de banda ancha pouco máis do trinta e un por cento dos fogares, e hai alomenos un ordenador en arredor do 58 por cento.

Fáltalle, pois, a Galicia un doce por cento para chegar á media española. Pero dentro de Galicia obsérvase un tremendo desfase entre o urbano e o rural, xa que se o promedio de acceso a Internet está no 42 por cento, nos núcleos de poboación máis grandes chega ó 58 por cento, mentras no rural e poboación de menos de dez mil habitantes só se chega a un modestísimo 28 por cento.

Polo tanto, imponse perseverar, e seguir difundindo en todos os ámbitos posibles as excelencias das novas tecnoloxías para facilitar a nosa vida diaria, especialmente no que se refire a Internet como xeito de comunicarnos e de recibir todo tipo de información.

O acceso ás novas tecnoloxías hoxe é como hai dúas ou tres décadas a chegada dunha estrada, as liñas telefónicas ou a enerxía eléctrica que permitía o funcionamento dos televisores, das lavadoras e lavavaixelas, os frigoríficos domésticos ou os aparatos enfriadores do leite. Conseguido normalizar o rural en canto ós servizos básicos indicados imponse -por pura xustiza- que desde calquera punto do rural se poida conectar coa Rede, e quen o desexe poida dispor deste servizo esencial. Só así a fenda divisoria comezará a pecharse e a ser menos fonda.

Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES