Opinión en Galicia
¡Xo, cabalo, Xo! (15)
Gómez Vilabella, Xosé M. - lunes, 06 de abril de 2026
Despois do Champagne,
auténtico, francés,
canso de parolas retireime ao meu hotel,
que aquí o tedes, só que repintado,
¡e menos mal que segue
co mesmo nome,
que xa é algo!
O casoiro prestárame,
tan ben que non espertei
ata
as dúas da madrugada.
¿A cea?
¡Unha sorte, que así tocaron a máis
en Suerte Loca!
Quince día despois,
da Iberia e por Iberia,
chegou aquela noiva tan amada
,
e tan esperada!
¡E tanto que a esperei,
que,
xa desesperado,
baixei polas escalinatas,
a cen,
co siroco zumbando
nas miñas orellas,
disposto a darlle o primeiro dos abrazos
de casado,
Máis o diabro fixo
outro tanto,
que de parte súa detívome un Garda:
¡Prohibido achegarse!
¿Por?
Ordes da Súa Excelencia,
que aí arriba o ten!
¡Precaución, seguridades...,
militares!
¡Porca mentira,
pois,
nada máis saír da igrexa,
onde fomos de contado
para referendar
en sagrado o santo matrimonio,
ao ir para o Casino,
esta vez sós,
e collidos da man,
como está mandado,
¡Oh Deus, que nos esperaba o gran señor...;
despois de Deus, Xeneral Tutor!
Amablemente,
iso si,
pediunos desculpas
pola súa orde
,
intempestiva:
Mandei que lle desen o Alto,
de parte daquelas tan aseñoradas,
esas damas do Casino,
que arriba, nas gradas
,
agardaban impacientes
que subise a noiva
,
para ver como se bicaban
dous namorados
,
se é que o estaban!
-.-

Coas "Damas" no Casino
¿Consecuencias dun casoiro
accidentado?
¡Pois,
aínda así,
volvería a facelo, doce veces ao ano,
tantas como meses, tantas como treces!
Se non me credes,
preguntádelle á miña muller,
tan normal que ata pasou pola Normal,
de Lugo nada menos
-.-
Á forza de frealo...
Á forza de frealo,
o meu cabalo foi parando,
e xa non brinca a miña imaxinación,
nin me apetece o pecado.
Para domalo
tres bridas usei:
Fe, Esperanza e Caridade,
xuntas as tres.
A Fe tireina da Biblia,
Antigo e Novo Testamento,
todo ben explicado,
corroborado que foi
cos Feitos dos Apóstolos,
pois non se volveron atrás en nada,
nin sequera ao martirizalos.
Eles viron,
e comprobaron,
tanto e tan ben,
que ata palparon
as feridas do Resucitado.
¡É a única Historia
sen trampa!
Da Fe sae a Esperanza,
que só ten cambiado o nome,
pois,
máis que esperanza,
a Historia Sagrada
o que nos dá
é
Seguranza!
Neste herdo
da herdanza celestial,
non caben preitos
senón
Caridade.
¿Como imos preitear
se todo o recibimos prestado,
compartido cos nosos irmáns,
compañeiros da viaxe,
coma min
meros administradores,
que traballamos,
que todo o facemos
para o Ceo gañar?
-.-

Gómez Vilabella, Xosé M.
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora