Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

¡Xo, cabalo, Xo! (14)

Gómez Vilabella, Xosé M. - viernes, 03 de abril de 2026
O cabalo da estrela branca...
O cabalo da estrela branca
pensativo vai,
e non é para menos xa que vai de ramal!
Non te preocupes, rapaz,
que non hai agravio comparativo,
que así andamos,
de sempre,
eles na sela e nós da pé,
media humanidade,
concretamente
tódolos fillos de Abel!
-.-
¡Xo, cabalo, Xo! (14)

Antes do nome,
e incluso dos cabalos,
os amerindios tiveron hamacas
que as facían coa lá das súas
alpacas.
¿Para qué?
¡Para abanicarse,
que é propio do ser humano,
copiado dos monos
nosos irmáns,
mais para monadas
estes cinco rapaces,
¿ou non se lles nota na cara?
O que máis neles resalta
é a súa felicidade,
que lles prego a conserven,
con ou sen hamaca,
pois,
para infelices,
chega e sobra con estes españois
da crise,
cabalgando, sempre cabalgando,
no cabalo do noso orgullo,
sen ter quen nolo pare!
-.-

Breda caeu...
Breda caeu,
pero o cabalo español
segue inquedo
porque…,
porque ben sabe,
e por iso estaba inquedo,
que se non fose polo despilfarro
da conta B,
a nosa vitoria sería pronta,
e máis gloriosa.
¡Claro,
disparaban coa pólvora do Rei!
Polo menos,
para salva-la honra,
¿cando volveremos a ter un Spínola
que impida
a humillación dos vencidos,
séxase,
dos Contribuíntes
lelos?
-.-

¡Xo, cabalo, Xo! (14) ¡Xo, noivo, xo!
Cóntovolo, por entregas,
pero sub conditione
de que me ides crer,
pois do que non,
gardo segredo!
De xuño trece e martes,
¡por poderes,
que me obrigaron no Banco a ir solteiro
por culpa dunha peste bubónica,
ifneña,
que metía medo;
¡pero a min, non, que son de
Montecubeiro!

Sidi Ifni
Por cortesía,
máis que por ganas,
invitei a estes mangantes de diante miña
a comer no Casino de Oficiais,
o Palas de daquela,
e tanto,
que ata nos puxeron unha mesa
no patio,
que aínda non estaba
morado!
-.-
Gómez Vilabella, Xosé M.
Gómez Vilabella, Xosé M.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES