Opinión en Galicia
¡Xo, cabalo, Xo! (12)
Gómez Vilabella, Xosé M. - miércoles, 01 de abril de 2026
O cabalo de San Martiño

Nunca houbo un cabalo
tan gozoso do seu amo
coma aquel de San Martiño
cando lle viu repartir o manto.
Cabaleiro non é quen monta
un cabalo;
cabaleiro é aquel
que comparte a súa capa,
e co manto,
destapa
a humildade de sentirse humano.
Con esta experiencia,
propoño que, de hoxe en diante,
San Martiño sexa o patrón dos
Homes de Estado;
¡iso, ou que deixen de selo,
e se apeen do seu cabalo!
-.-
Que nos metrallan
, coa luz da alba!
Oito da mañá;
Na casa, lámpadas, e fóra tamén;
pero comeza a clarexar.
Eu, o habitual, no ordenador,
desordenando palabras;
e a dona,
¡outra Marta!,
preparando o almorzo.
Soa a campá da cociña,
sinal que me invita
a mata-lo xaxún.
¡Aló vou!
Nisto,
xa co vaso da limoada na man,
¡Oh Alá, que están aquí,
na Coruña nada menos;
volveron tras de nós,
pola ruta do Al Mansur!
¡Agáchate,
que tamén o fago eu!
Tan á presa o fixen,
meténdome debaixo da mesa,
que se envorcou o vaso
mollándome a cabeza.
Pero a muller,
¡nin caso!,
como adoitan facer:
en vez de facerme caso apagou a radio,
e coa radio foise o seu
¡rataplam, rataplam, pum, pam
!
¡Oh Alá, con isto non contaba:
Unha emisora que lanza metralla,
verbas entre si tan pegadas
que non hai orellas
capaces de captalas, de asimilalas!
¿Cando será o día no que os locutores
aprendan a falar
,
coma a xente normal?
-.-

Dúas murallas?
Foi Mercurio!,
diso non teño dúbidas,
o deus das comunicacións,
que nos colleu a palabra
de tanto presumir das nosas murallas.
Así, murallas, en plural,
que sempre dixemos así,
¡dúas!,
cando a Roma os lugueses só lle fixemos unha;
iso si, de pedra, de Labio, da boa.
De castigo, por suposto,
agora si que temos dúas,
a de pedra e maila de merda,
a das sobras do que nos deixaron
aqueles romanos!
¡Lixo, pois o ouro, levárono,
e a prata, tamén,
por arrobas;
daquela,
será cousa de pedirlles que volvan
a Lugo
,
polas sobras!
-.-
Xo, roulotte!
¿A onde diabros vas,
turista da casa ao lombo,
se nin Galicia coñeces,
nin galego falas?
¿Non será mellor comezar pola
propia casa,
pola propia xente, pola propia lingua,
tacos incluídos;
polas nosas praias, polas nosas rías,
polas nolas montañas,
polas fontes do Miño,
que é o teu río?
Por bencina que gastes,
por penso que lles deas aos teus cabalos,
nunca chegarás a ver nunha viaxe
o que verías
apoltronado nunha poltrona,
cun televexo por diante!
¿A onde vas,
se nin galego sabes falar?
-.-
Selene
Se venden solares.
Razón: Los Gallegos.
¿Solares, na lúa?
¡Ata sería boa cousa
,
se puidésemos trasladar
os rañaceos que sobran aquí abaixo,
por culpa dunha política especulativa,
desbocada,
tal que nun foguete espacial!
Estar na lúa
sempre significou...,
iso,
estar na lúa,
pero que encima nos atribúan aos galegos
a venda de solares
nas terras de Selene
xa pasa de ser coña migratoria!
Supónsenos imaxinación
pero hai quen nos gaña,
ríndose de nós!
-.-

Gómez Vilabella, Xosé M.
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora