Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

¡Xo, cabalo, Xo! (11)

Gómez Vilabella, Xosé M. - martes, 31 de marzo de 2026
Os vellos non deben namorarse?
¡Xo, cabalo, Xo! (11)
Se a raíz non lles vén de vello, non!
¿Iso, por qué, amigo Castelao,
que o deixaches a medio explicar,
pero vouno facer eu,
eu mesmo,
coa experiencia de setenta
aguantando na vella!
Se o amor fose igualdade,
monotonía sería;
tampouco pode ser disparidade absoluta,
ou teríamos perrenchas
cada día.
Disto séguese que o amor é...,
¡complementariedade!
¡Do ut des!
¡Douche para que me deas,
para que poñas da túa parte
o que a min me falta,
e a todos nos falta tanto,
tanto,
que sen amor non valemos nada!
-.-

Os netos xa comungan!
¡Xo, cabalo, Xo! (11)
Vade retro, Satana.
Cabalo do meu orgullo,
deixádemos seguir
na súa inocencia de anxos!
Deixádeos para sempre así,
na súa santidade!
-.-

A xuventude
Non frees, non te deteñas,
pois o teu é trotar
polos anos,
arriba e abaixo!
Se non caes, se non decaes,
se non te deixas contaxiar
deste mundo preguiceiro,
a non tardar verémoste,
desde Arriba, claro, desde o Ceo,
predicarlles aos infieis.
Non preguntes a cales,
pois,
co listos que sodes,
ben sabedes que me estou referindo aos...,
españois!
-.-

¿Le Penseur?

¡Si: Xosé Chao Rego!

O teu bidueiro medra...
¡Que non fará con tantas cousas,
e todas boas,
como levas feito!
Pero quédache unha no caletre:
Volver ao Pedregal,
e plantar...,
un carballo, dedicado ao noso común amigo
Prisciliano,
aquel que nos ensinou aos galegos
a meditar,
convertendo as carballeiras...,
en altares!
-.-

Cetrería
Veño do Vallis Viridis,
séxase do Valverde de Castroverde,
in Bolannio sito;
pasei cos meus cabalos cheirentos,
desbocados, a cen,
pola estrada de Riazor,
onde só queda un rego,
un rego e mailo castiro
somnolento!
Señor Conde, Condes da Altamira,
xa non queda condado,
nin lebres nin azores;
só uns castiros,
coma vosoutros altivos,
plantados polos vosos vasalos
daquela cando mandabades
en todo e por todo,
Luaces incluído.
¡Pasan, e pérdense os nomes das cousas,
a toponimia dos lugares,
que pasan deles os homes,
incluídos aqueles cabaleiros de título,
aqueles que cazaban desde o alto
dos seus cabalos;
pasan os coellos, as lebres, os azores,
e veñen os xabarís e mailos corzos;
todo pasa e todo cambia
menos os nomes dos lugares
famosos!
-.-
Gómez Vilabella, Xosé M.
Gómez Vilabella, Xosé M.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES