Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Do urbanismo

viernes, 13 de noviembre de 2009
Mais de 30 países de catro continentes celebraron o pasado domingo, día 8, o declarado pola ONU como “Día Mundial do Urbanismo”, efeméride creada en 1949. O diccionario da Real Academia Española define o Urbanismo como “o conxunto de coñecementos que se refiren ó estudio da creación, desarrollo, reforma e progreso dos poboados en orde ás necesidades da vida urbana” O urbanismo é moito mais que planificar o chan; de feito o diseño das cidades e vilas, no que impere a racionalidade, o respeto ó medio natural e á armonía cós elementos culturais e paisaxísticos, contribue en gran medida ó noso benestar.Sen dúbida un urbanismo “ordeado”, equilibrado e coidadoso co entorno, sen a complicidade destructiva das administracións nen concesións á especulación, é garantía dunha vida mellor.

No informe emitido pola Sociedade de Urbanistas dun país americano da órbita do chamado “terceiro mundo”, pode lerse: “… también es cuestionable que las autoridades municipales y otras regionales se han entregado al albedrío de construir o remodelar espacios urbanos que con justicia genera las protestas de sus ciudadanos, ello sin considerar los indicios de corrupción…La Sociedad de Urbanistas también protesta contra el arbitrario manejo de los espacios públicos”.

Ninguén dubida da trascendencia que o urbanismo ten para a sociedade en xeral e que en boa lóxica debería ser preocupación principal de dirixentes políticos e sociais mais alá da demagoxia dos discursos.

O pasado domingo celebrouse a que debería ser unha xornada de reflexión, coa implicación da sociedade, sobre asunto tan transcendental para a vida dos pobos e que pasou inadvertida, precisamente nunha bisbarra na que acaso é ésta precisamente a cuestión mais convulsa, que xenera colectivamente maior conflictividade e que os presuntos abusos institucionais producen serios enfrontamentos entre as administracións e os cidadáns, mesmo nas instancias xudiciais.

Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES