Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

Rivas Delgado, Antonio - viernes, 27 de marzo de 2026
O ganso e a trompeta

Pasei outra tarde lendo polo paseo do río dos Muíños. E vin de novo o ganso do outro día. Sei que era o mesmo porque seguía a mirarme de esguello. O maldito aínda non se esquecera de min. Hoxe fíxenlle menos caso ca o outro día. Pero, iso si, sen perdelo de vista. Non fose o demo que...
Pingas de Orballo Xa hai un cacho que deixei o paseo e a lectura. Son as cinco e vinte e tres minutos da tarde e atópome nunha terraza escoitando a marabillosa banda sonora de "Ascensor para o cadafalso", de Miles Davis, quizais ou sen quizais a figura máis relevante do jazz. E onde estea o jazz...
Sobre a mesa: un xornal dobrado, a cunca do café baleira, o móbil apagado, o caderno aberto e, nun recanto, o libro "O anxo da revolución", que George Griffith escribiu en 1893, con tradución ó galego de Helena Bermúdez Sabel.
Pola rúa pasan coches e, pola beirarrúa, xente. Por entre as mesas, algunha que outra pomba busca o maná de cada día: os petiscos ou lambiscadas que adoitan acompañar as consumicións.
Cinco e media da tarde. A trompeta de Miles Davis facendo das súas. Unha flor de toxo na miña mente, e véxoa, por suposto, de cor amarela. Menos mal que é das poucas cores ás que lles sei o nome. Hai cores ás que non sei como chamar. Penso que nin sequera sei as sete do arco da vella. O arco da vella é bonito.
Ás cinco e trinta e catro minutos opto por non deixar caer máis pingas de tinta azul sobre o papel -sorrío ó escribir esta cor, porque tamén lle sei o nome-. Marcho baixo a harmonía branca (outro sorriso) da mesma banda sonora.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES