Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

De 'riola' por Lugo

Xiz, Xulio - viernes, 27 de marzo de 2026
Lamas Carvajal sitúa entre os temas vitais deste pais, na "Riola por Galicia", a Ofrenda do Antigo Reino de Galicia, e a Muralla romana de Lugo. Destes e outros temas faleilles ao medio cento de membros do Instituto de Estudos Bergantiñáns, que o sábado visitaron Lugo e me acolleron como guía para adentrarse no Lugo do corazón e da vida.

Fomos primeiro ao Vello Cárcere, para facerlles sentir o que eu sinto naquel edificio creado para a represión e o peche, reconvertido en casa da Cultura e liberdade.
De 'riola' por Lugo
Visitamos as estatuas de Pelúdez e Fole; estivemos diante da casa do concello, e arredor do Palco da Música e da piscina romana de Santa María. Preguntáronme pola Banda de Música, e diante da triste realidade faleilles de Xoan Montes e o seu triángulo vital conformado polo palco, o Círculo e a Catedral.

Visitamos os museos da Casa dos mosaicos, o Mitreo e a Porta Miñá, que conforman unha magnífica visión do pasado romano. E subimos á muralla camiñando un treito para apreciala libre de edificios por fora, con importantes carencias aínda pola Ronda interior. A tarde, dedicárona ao Museo Provincial.

A xornada, para eles gratificante, para min bálsamo vital que teño que repetir, aconsélloa para calquera habitante desta urbe bimilenaria que sinta agarimo polas pedras que pisamos, polo que aínda agochan (Roma segue estando debaixo), pola herdanza monumental que pode chegar a abrumarnos, e pola certeza dun futuro brillante se seguimos incrementando os elementos que lembran e honran o noso pasado.

Para este turismo cultural, consciente e entendido, en constante incremento, Lugo é unha potencia, e está preparada para acoller e asombrar.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES