Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Elas, eles: victoria contra o medo

Pinto Antón, J.A. - viernes, 27 de marzo de 2026
Esforzámonos moito en diferenciar a sociedade israelí do abominable goberno, o máis extremista da súa azarosa historia. Aterran declaracións de ministros. O de Seguridade Nacional aposta polo odio, a limpeza étnica de Gaza, a creación do Estado xudeu no que queda de Cisxordania. O premier israelí, con contas pendentes dentro por corrupción, foi condenado pola Corte Penal Internacional por crimes de guerra e contra a Humanidade. Ocorre en Israel, democracia plena veciña de réximes autoritarios e teocracias medievais.

Tamén é certo que o planeta humano sería máis pobre sen o xenio creador e a riquísima herdanza xudea. O 0,2% da poboación mundial foi quen de aportar o 20% dos premios Nobel, por exemplo. Moitas mulleres e homes con raíces xudeas son dos mellores dos nosos.

Estariamos máis desvalidos sen a presenza veciña de pensadores como Zygmunt Bauman, Naomi Klein, Noam Chomsky, Anne Applebaum, Hannah Arendt, Yuval Noah Harari.

Cómo teriamos vivido, espidos de versos, desnudos das melodías de Bob Dylan, (Paul) Simon & (Art) Garfunkel, Jorge Drexler, Billy Joel, Lenny Kravitz, Barbra Streisand, Leonard Cohen? Cómo renunciar ás mans pastoreando a gran música de Leonard Bernstein, de Zubin Mehta. Do noso Daniel Barenboim, israelí, palestino, arxentino, español: tantas nacionalidades irmandadas nun pasaporte sen fronteiras que engade peso específico á Humanidade.

Canto perderiamos sen a presenza nas pantallas, diente ou detrás, de Stanley Kubrick, Roman Polanski, Harrison Ford, Scarlett Johansson, Steven Spielberg, Woody Allen, Martin Scorsese, entre tantos?

Poderiamos vivir, claro, pero estariamos espidos sen Ana Frank, sen Saul Bellow, sen Stefan Zweig, sen Paul Auster. sen Franz Kafka, sen Susan Sontag, sen a benamada Wislawa Szymborska. Nomes cercanos dun listado infinito. Na memoria, cinco xigantes que cambiaron o mundo. Moisés, Xesús de Nazaret, Marx, Freud, Einstein. Con humor, alguén escribíu deles: a lei é todo, o amor é todo, o sexo é todo, o capital é todo, todo é relativo, rematou o último.

Agora, os nacionalismos avanzan sen freo. Tamén o sionista. O antisemitismo éche outra cousa. Todo semella lexitimar tras dese escudo, o odio, a violencia, a morte, a destrución da Franxa, o asasinato de 15.000 menores. ‘Gaza, pandemia de discapacitados’, di a ONU. A avogada O. Komir, reflexiona na columna de Haaretz: “Non tiña visto nunca tanta maldade, tanta xente competindo entre si para mostrar a súa falta de empatía. De alegrarse tanto coa dor allea, coa xente que sofre, pasa fame, perde todo e morre. Por iso, nunca tiven tanto medo”, nunha sociedade democrática arrastrada ata o envilecimento.

Por iso agradecemos tanto a quen tanto nos deu. Xudeus. Eles, elas son a nosa victoria contra o odio, a crueldade, o medo.
Pinto Antón, J.A.
Pinto Antón, J.A.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES